UNIVERSIDAD

A directora da OTRI está acreditada como Profesional da Transferencia

Ángeles López.
photo_camera Ángeles López.
n n n A directora da Oficina de I+D, Ángeles López, acaba de ser acreditada como Profesional da Transferencia –RTTP, Registered Technology Transfer Professional- pola alianza internacional ATTP, unha entidade  formada por 14 asociacións nacionais e internacionais de profesionais da transferencia de coñecemento presente en 60 países e cuxa principal misión é promover e manter uns estándares globais na profesión da transferencia de I+D e fomentar o recoñecemento da profesión para o que concede precisamente esta acreditación RTTP cando se cumpren eses estándares. 
López é a primeira galega en conseguir esta distinción, un recoñecemento co que contan na actualidade arredor de 500 profesionais de 39 países, só media ducia procedentes de España. “Aínda que esta acreditación é de ámbito privado e non ten ningún carácter oficial, faime ilusión telo conseguido, porque é un recoñecemento ao labor, á experiencia e ao bo facer”, salienta López, quen fai fincapé en que esta acreditación tamén lle serve para compararse cos seus homólogos a nivel global, “e saber que estás á altura e que te mantés ao día na profesión”. Desde o seu punto de vista, o que se valora principalmente desde a alianza é que a persoa candidata teña participado activamente nas tarefas de transferencia de coñecemento, que achegara valor ao proxecto, que estivera implicado e que conducira esa idea no seu itinerario ao mercado.
No día a día do seu traballo a acreditación non suporá grandes cambios, pero a partir de agora si terá a posibilidade de avaliar as candidaturas doutros profesionais que aspiren a obter o recoñecemento en calquera sitio do mundo, e incluso achegar a súa experiencia e asesoramento a outros profesionais que queiran conseguilo, tanto en Galicia como en España. “Para adquirir este status necesitas estar na crista da onda, estar ao día na función transferencia, desenvolver as túas capacidades e poñelas en xogo”, ao que engade que preparar a candidatura require tamén un importante esforzo de dedicación e tempo.n
 

Te puede interesar