UNIVERSIDAD

Crean o comité de seguimento da Cátedra R da Universidade

Co obxectivo de supervisar e validar as accións derivadas do convenio asinado o pasado mes de decembro polas universidades de Vigo e A Coruña e o operador galego R; aprobar os orzamentos anuais e elaborar unha memoria anual, onte constituíuse na Coruña a comisión de seguimento da Cátedra R en Ciberseguridade.

A coordinadora da Cátedra e do Máster en Ciberseguridade e docente e investigadora da Universidade de Vigo, Ana Fernández Vilas; o coordinador do mestrado na UDC, Carlos Dafonte; a coordinadora do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Rebeca Díaz; o representante do PDI da Universidade de A Coruña Francisco Javier Nóvoa, a responsable de seguridade da Información do Grupo Euskaltel, Idoia Uriarte e a delegada de Protección de datos do Grupo Euskaltel, Susana Rey, compoñen a comisión da cátedra, a primeira interuniversitaria existente en Galicia.
A cátedra, nacida coa finalidade de promover o desenvolvemento cultural, científico e tecnolóxico sobre a seguridade informática e procurarlle unha aplicación práctica na sociedade galega, promoverá actividades nos eidos da formación, a divulgación e a investigación no ámbito da ciberseguridade, unha área cada vez máis demandada no uso cotián das novas tecnoloxías por particulares e empresas. Mentres o operador galego comprométese a achegar 20.000 euros anuais durante tres anos, renovables, para cumprir os obxectivos da cátedra, Teleco da UVigo e Informática de A Coruña poñerán a disposición da cátedra a súas instalacións .n
 

Te puede interesar