UNIVERSIDAD

Concurso de fotografía sobre a muller na enxeñaría de minas

 Ao abeiro do Día Internacional da Muller, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo organiza o concurso de fotografía MULLE.Rme para dar visibilidade ao sexo feminino nas profesións técnicas.

O certame está aberto a todo o público, de calquera idade, dedicación e xénero, que se anime a participar capturando instantáneas tanto en cor ou en branco e negro e mediante calquera técnica. O único requisito é amosar a muller como protagonista activa na realización de diferentes tarefas dentro da enxeñaría de minas e enerxía, ou, pola contra, pór de manifesto a masculinización da profesión. 
As imaxes deben ser orixinais e deberán conter situacións, paisaxes ou circunstancias ligadas a actividades como a xeración, a transformación, o transporte e uso de enerxía, ademais das enerxías renovables, a explotación de minerais e rocas, os túneles e obras subterráneas, a restauración de espazos mineiros, a avaliación de impacto ambiental, a fabricación e uso de materiais ou os explosivos, entre outros. 
Os interesados poden enviar  antes das 23.59 h do 27 de febreiro  ata tres propostas orixinais en formato dixital, aínda que só unha poderá ser premiada. O fallo do xurado será publicado na páxina web do centro o día posterior ao peche do prazo de presentación dos arquivos, é dicir, o día 28 de febreiro. Non obstante, non será ata o día 8 de marzo cando se faga entrega dos galardóns nun acto organizado na escola.n
 

Te puede interesar