UNIVERSIDAD

Avanza a fabricación do UM21 que competirá en Alemaña e España

O equipo co seu monoplaza no circuito de Montmeló.
photo_camera O equipo co seu monoplaza no circuito de Montmeló.
n n nTras un ano en branco no que a competición se refire, que non noutros ámbitos do proceso de deseño e construción do vehículo, UVigo Motorsport arranca este curso 20/21 ultimando o traballo de fabricación do monopraza que quedara paralizado en marzo por mor da covid-19. “O vehículo, que competirá no 2021 nas probas de Alemaña e España de Formula Student, será o que estivemos a desenvolver durante o curso pasado. Dende a volta do confinamento estamos rematando o traballo de fabricación que quedou conxelado e aínda que o deseño xeral do coche mantense, hai algúns sistemas que se poden mellorar no estado de fabricación que estamos”, explica Diego Pérez Casal, líder do equipo, do que poderán solicitar formar parte ata o vindeiro 5 de outubro as e os estudantes de calquera titulación das que se imparten na UVigo. O novo equipo traballará na modificación da xeometría da dirección, na simplificación de toda a electrónica e na mellora dos sistemas de DRS e escape, “ademais poderemos implementar todos os sistemas precisos para a investigación e testeo da condución autónoma para un correcto desenvolvemento para os futuros anos e futuras direccións técnicas da organización da competición”, explica o estudante da Económicas que este ano liderará o equipo, ao que se incorporou hai un ano e no que tamén se encargará do departamento de Organización e Márketing. Cara á participación nas probas de Formula Student, que se disputarán nos circuítos de Hockenheimring e Montmeló o vindeiro ano, o equipo fíxase como obxectivo mellorar co UM21 o máximo nas probas dinámicas, rematar sen problemas a de resistencia, que é a máis importante da competición, e consolidar o resultado do ano pasado coma segundo mellor monopraza de España. Nas probas estáticas que avalían a calidade do deseño, “o obxectivo é saír da metade da táboa e escalar as maiores posicións posibles”.n
 

Te puede interesar