UNIVERSIDAD

Aprazadas as xornadas JAI de automatización industrial

José Ignacio Armesto.
photo_camera José Ignacio Armesto.
 A falla de garantías de que poidan celebrarse con normalidade obrigou ao comité organizador das Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, JAI 2020, previstas para o vindeiro mes de outubro, a decidir adialas ata 2021. A pesar de que este é un evento que os organizadores planifican con moita antelación, “o verdadeiro esforzo realízase nos últimos catro meses, por iso pensamos que agora era o mellor momento para decidir se continuar adiante ou non”, sinala o coordinador das xornadas, José Ignacio Armesto, profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática.
A día de hoxe as novas datas de celebración están aínda por decidir. Desde a organización valoran xa a posibilidade de engadir a creación dunha réplica dixital das xornadas que permita que se convertan nun “evento internacional, pioneiro e de referencia no sector para todo o mundo de fala hispana". 

Te puede interesar