UNIVERSIDAD

Activada a impresión dixital na nube

 nnn Tras unhas primeiras semanas de probas, xa está activado o autoservizo de impresión dixital de Campus na Nube, que ofrece varias alternativas para a comunidade universitaria, ben a través das máquinas de autoservizo, ben no punto de atención física de Cidade Universitaria no campus de Vigo.
A instalación das 18 máquinas de autoservizo nos diferentes centros e a apertura dun punto de atención física no centro comercial da Cidade Universitaria do campus de Vigo é unha solución transitoria mentres non se licite un novo servizo completo de reprografía, despois de que a empresa que ata agora prestaba o servizo decidise cesar a súa actividade. No campus de Vigo colocáronse un total de 13 máquinas autoservizo, distribuídas entre as diferentes escolas e facultades,  tanto nos centros do campus como nos dous de Torrecedeira. En Pontevedra as máquinas instaláronse nas facultades de Belas Artes, Ciencias Sociais, Ciencias da Educación e do Deporte, Fisioterapia e na Escola de Enxeñaría Forestal.A nova situación non afecta ao campus de Ourense.n
 

Te puede interesar