UNIVERSIDAD

Abre o prazo da terceira edición do curso de Trading Avanzado

José Luis Sáez Ocejo e Jorge Vila Biglieri son os directores.
photo_camera José Luis Sáez Ocejo e Jorge Vila Biglieri son os directores.
 Jorge Vila Biglieri e José Luis Sáez Ocejo, profesores do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, decidiron crear o curso de Trading Avanzado, unha iniciativa que xurde como continuación do de Formación de Introdución á Bolsa, un clásico da programación de cursos do primeiro cuadrimestre. A actividade, que se celebra este ano por terceira vez consecutiva, terá lugar a partir do próximo 21 de febreiro en horario de 16.00 a 21.00h na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e, nela, ademais dos directores, contarán coa participación como docente de Pablo Iglesias, xestor de patrimonios.
O curso foi creado coa intención de ensinar ao alumnado a “negociar negociando”, é dicir, aprender e gañar experiencia neste ámbito a base de práctica nunha plataforma en liña, un concepto actualmente coñecido como ‘Learning by doing’. Así mesmo, dado que se trata da continuación doutra actividade, pártese da idea de que as e os participantes posúen coñecementos básicos sobre a materia, aínda que pouco a pouco iranse explicando aspectos teóricos e prácticos a través de conferencias e sesións prácticas, permitindo unha aprendizaxe autónoma e adaptada ao nivel de cada estudante. “Cada venres proporanse obxectivos que serán avaliados na seguinte clase”, explican os organizadores, ademais, “o terceiro venres de cada mes están previstas actividades especiais”.
 

Te puede interesar