UNIVERSIDAD

O 54% dos egresados da UVigo teletraballaron no confinamento

Luis Espada e Víctor Martínez Cacharrón son os autores.
photo_camera Luis Espada e Víctor Martínez Cacharrón son os autores.
nnnAntes da actual crise sanitaria, a maioría das persoas tituladas pola UVigo (60,8%) carecía de experiencia previa na realización do teletraballo ou traballo remoto, pero a situación cambiou radicalmente co confinamento, chegando este xeito de traballar ao 54% dos egresados que participaron no Estudo sobre o impacto laboral da actual crise por covid nas persoas tituladas da Uvigo. O informe, realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas da propia Universidade e cuxo primeiro adianto de resultados acaba de facerse público na web do Consello Social, é “o primeiro que, no ámbito do sistema universitario español, avalía o impacto laboral da primeira vaga da pandemia no colectivo de egresados dunha universidade pública”, subliñan os seus impulsores: Luis Espada, director do observatorio, e Víctor R. Martínez Cacharrón, enxeñeiro industrial que fixo  a análise dos datos.
O estudo realizouse entre os días 25 de maio e 8 de xullo e nel participaron 3217 persoas tituladas que responderon unha enquisa en liña que estaba aloxada na web do observatorio e que foi tamén enviada de xeito masivo por correo electrónico. “Neste adianto de resultados o impacto da actual crise por covid é avalidado desde tres perspectivas: laboral, atendendo á incidencia na taxa de ocupación; sanitaria, en relación coa porcentaxe de contaxios no ámbito laboral, e modo de traballo, é dicir, principais medidas organizativas tomadas polas empresas/organizacións para afrontar a crise derivada”, explica Espada.n
 

Te puede interesar