UNIVERSIDAD

"Os 25.000 millóns de superávit dos concellos, para a crise"

Santiago Lago e Alberto Vaquero, do grupo GEN.
photo_camera Santiago Lago e Alberto Vaquero, do grupo GEN.
 O grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo avoga por mobilizar os 25.000 millóns de superávit dos municipios para afrontar a crise do Covid-19. “Ante unha crise profunda e inesperada”, subliñan os seus responsables, “a necesidade de liquidez é vital: fai falta diñeiro para manter a demanda, para garantir que as empresas conten coa tesouraría necesaria para afrontar os pagos que deben facer, mesmo nunha situación de ERTE”. A liquidez, recalcan, é necesaria para que “o sistema non colapse no primeiro semestre do ano e para que no segundo se poida retomar a senda do crecemento económico”. Tamén é “indispensable”, engaden, que o Instituto de Crédito Oficial “lidere o proceso de fluxo do crédito”. Os investigadores Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, e Alberto Vaquero, profesor da Universidade de Vigo, recollen a proposta do economista Diego Martínez “de mirar cara ao elevado importe dos saldos a favor que manteñen municipios e deputacións nos bancos, consecuencia dos sucesivos superávits que rexistraron estes anos”. Segundo indican, calcúlase “que ese superávit de 25.000 millóns, sería unha actuación na que todos gañarían. A cambio dunha remuneración baixa pero positiva, os municipios obterían un rendemento e o Tesouro unha fonte de financiamento”.

Te puede interesar