UNIVERSIDAD

20 alumnos asiáticos do Campus Spain aprenden español na UVigo

Foto de familia de los alumnos a su llegada al aeropuerto.
photo_camera Foto de familia de los alumnos a su llegada al aeropuerto.
n n n Maioritariamente proceden de Malaisia, pero tamén de India e Indonesia. O campus de Vigo deulles onte a benvida a un novo grupo de estudantes asiáticos que chegaron a Galicia titorizados polo programa Campus Spain, unha iniciativa que naceu en 2017 para promocionar España como destino educativo e guiar a estudantes internacionais interesados en completar os seus estudos en España. Permanecerán no campus de Vigo ata o vindeiro mes de xullo, onde realizarán no Centro de Linguas un curso intensivo de español que lles permitirá poder pórse ao día co idioma de cara ao curso que vén poder continuar os seus estudos universitarios nalgunha universidade española.
Este grupo de estudantes súmanse a outros 18 que chegaron ao campus de Vigo o pasado mes de outubro, neste caso procedentes de Malaisia, India, Indonesia, Xordania e Camboxa, estudantes que tamén están a realizar un curso de español no Centro de Linguas, neste caso de dez meses de duración. “Ao longo de todo o curso deseñamos para eles toda unha serie de actividades de carácter cultural e de orientación académica para que o vindeiro curso poidan matricularse nun grao ou un mestrado e desenvolver a súa actividade sen problemas”, explican desde Campus Spain, ao que engaden que “moitos dos alumnos que realizaron esta formación o curso pasado este ano están xa matriculados de xeito ordinario en diferentes graos e mestrados, tanto da UVigo como doutras universidades. A sala de xuntas do edificio Ernestina Otero acolleu o acto de benvida a este novo grupo de estudantes.n
 

Te puede interesar