Sociedad

"A miña familia pola túa": unha cita coa diversión, a emoción e a empatía

Presentación programa TVG "A miña familia pola túa" Familia Mancilla
photo_camera Presentación programa TVG "A miña familia pola túa" Familia Mancilla
O novo programa da TVG, producido por Outro en colaboración con Dlo/Magnolia, dará comezo o próximo mércores

n n n O novo programa da TVG "A miña familia pola túa", producido por Outro en colaboración con Dlo/Magnolia, propón aos espectadores un menú completo onde haberá oco para a emoción, a diversión e a empatía. O proxecto, que se presentou onte en Santiago de Compostela, comeza o próximo mércores, en horario prime time, co primeiro capítulo da tempada. 
A proposta amosa a particular convivencia entre dúas familias que intercambian un dos seus membros durante 10 días. Os parcipantes vivirán momentos de tensión, pero tamén aprenderán a mirar o mundo dende uns ollos moi diversos. "Es un formato que actualmente está en emisión en muchos países, y ocurre porque es una propuesta muy bien pensada, que creemos que puede funcionar muy bien en la TVG, habla de temas internacionales", apunta Carles Torras, director de contidos de Magnolia. 
Durante os primeiros cinco días de convivencia, cada novo membro adáptase ao estilo de vida da nova familia e adopta como propia a súa rutina. Os cinco últimos días, ao revés: o foráneo introduce no fogar as súas costumes. "É moi intenso, pero aprendes a convivir con outra forma de ser, e decátaste de que non é todo como un pensa", asegura Rocío Antonio, unha das participantes do programa. 

A SELECCIÓN DAS FAMILIAS
No programa participan un total de 16 familias, que se atreveron a alterar durante máis dunha semana a súa rutina diaria. "O proceso de selección foi moi difícil porque o realmente importante era atopar familias que contrastaran, que foran perfís distintos, para ver logo como era a convivencia", apunta Inma Morandeira, subdirectora do programa. 
Durante a presentación oficial do proxecto, os participantes desfrutaron dunha peza audiovisual a modo de resumo da súa experiencia. "Eu a verdade é que xa digo que poderiamos ter unha segunda parte, para min foi moi divertido", asegura Aurora Irixoa, avoa participante.  "Foi un proxecto moi intenso, durante unha semana entras na casa doutra persoa e remexes en todo, estás cos seus fillos, moves os seus mobles... Todos tenmos a sensación de facer algo bonito e chulo", comparte Morandeira. 

“MOI INTENSO"
No caso da familia López Antonio, as tres integrantes –dúas nais e  súa filla– non dubidaron en formar parte do proxecto. Manu López intercambiouse por Pilarita, exconcursante de Gran Hermano, un "terremoto". "Foi moi intenso, non estou acostumada a estar moito tempo acompañada, e ao principio custábame estar con Pilarita tanto tempo, é moi intensa", explica Rocío Antonio, parella de López. 
A filla, Nahir López, asegura que o pasou moi ben coa nova inquilina: "É especial, pero foron momentos moi divertidos". Antonio asegura que con Pilarita aprendeu a relaxarse: "A contar ata dez  ou ata mil antes de dicir a primeira burrada que se me pasa pola cabeza". 
O formato de factual de entretemento atópase nestes momentos en auxe, xa que se está a emitir en numerosos países. Carles Torras, director de contidos de Magnolia, defende que se trata dunha aposta divertida para toda a familia con variedade de temas e ópticas. "Tiene un sabor muy gallego, pero trata temas muy internacionales que encajan muy bien en una televisión pública, desde la vivienda a la educación, los problemas del ámbito rural... Yo creo que va a gustar ", asegura.n

Te puede interesar