Casting "Xeración. O concurso"

Casting "Xeración. O concurso": queres representar a túa xeración nun concurso de TV?

Xeracións, o concurso.
photo_camera Xeracións, o concurso.

Anímate a participar no último concurso producido por Outro para a TVG e que ten como premio un coche

WhatsApp 618 08 93 36

Correo electrónico [email protected]

A productora de La Región, Outro, está na procura de participantes para un novo concurso que se emitirá na Televisión de Galicia (TVG). Búscanse personas de tódolas idades e de diferentes xeracións: boomer, X, millenial ou Z. 

"Xeracións" pon en xogo un coche. Este novo concurso de televisión consta de 12 episodios máis unha gran final, que celebra e explora as características de catro xeracións que conviven na nosa sociedade. Cada xeración será representada por dous concursantes, e cada episodio contén probas que desafían as súas habilidades e coñecementos.

Búscanse parellas de amigos, familiares ou coñecidos da mesma idade que queiran pasalo ben nun concurso divertido, nostálxico e tamén contemporáneo. 

Cada entrega centrarase en probas dirixidas ás xeracións máis antigas e máis novas, finalizando cunha proba de integración para promover a comprensión e a cooperación entre xeracións. Un xurado avaliará aos equipos e o episodio final enfrontará ás dúas xeracións máis destacadas da tempada. A parella que demostre que pertence á mellor xeración gañará un coche.

Para participar é preciso enviar un vídeo no que as dúas persoas que queren concursar se presenten e conten a súa motivación para inscribirse. O vídeo pódese facer chegar a través do WhatsApp ao número 618 08 93 36 ou a través do correo electrónico [email protected]

Te puede interesar