As cartas están botadas

C ando Brian de Palma lle presentou a Scorsese a Paul Schrader, o director pediulle unha adaptación cinematográfica de El Jugador de Dostroevksij. E Schrader acabou entregándolle o guion de Taxi Driver. As cartas xa estaban botadas.

Os antiheroes atormendados, solitarios, en busca dunha redención son habituais nas historias de Schrader. Creceu cunha educación relixiosa estritamente calvinista–os seus pais non lle permitiron ir ao cine ata os 18 anos–na universidade investigou sobre o estilo cinematográfco trascendental. A súa longa carreira como director é unha montaña rusa. Chegou ao máis alto con Hardcore (1979), Aflicción (1997) ou Desenfcado (2002) e xogou moi mal as súas cartas con Rock Star (1987), Touch (1997) ou The Canyons (2013). As súas colaboracións con Scorsese, por suposto, quedarán na historia.

Con El contador de cartas, Schrader volve enfocar a súa mirada, e a propoñer outro personaxe tráxico, William Tell, un ex militar torturador, ex presidiario, convertido en xogador profesional de póker. Ao cruzarse con Cirk, fillo dun ex compañeiro do exército, William ve unha oportunidade para redimirse. Así, decidirá xogar a súa man máis arriscada.

Levar os temas espirituais á cotiandade terreal é unha das cousas que mellor sabe facer Schrader. Neste sentido, William é outra figura Christi memorable que se move entre fichas, casinos periféricos, moteis de carreteira e prisións. Un personaxe máis fosco e introvertido de Eddie Felson, o histriónico buscavidas interpretado por Paul Newman. Ao igual que o seu compañeiro de aventuras Martin Scorsese, Schrader chea as súas narracións sobre os mundos marxinais de simboloxía bíblica e espirituais. Nun filme onde o xogo das cartas é un elemento importante, os números son fundamentais e o 7 aparece con frecuencia. O 7 é o número perfecto según Pitágoras. Tamén é un número que suma o 3 (número sagrado) co 4 (número terreal). Representa a soidade e á vez a perfección. No tarot o 7 é o Carro, un arcano iniciático que se relaciona co comezo da busca espiritual do individuo cara á sabedoría. Nestas coordenadas se atopa o protagonista. No paso desde a autoexpiación ata o sacrificio altruísta, cara á posibilidade dunha rehabilitación moral. O actor Oscar Isaac interpreta magnificiamente a William Tell, reencarnación doutros personaxes autodestrutivos creados por Schrader, emblema dunha masculinidade tóxica vintage xa fóra de moda no cine contemporáneo.

Outra referencia clave neste filme é Robert Bresson, un especialista máis en dilemas morais. En El contador de cartas hai citacións directas a Pickpocket (1959) e Un condenado a muerte se ha escapado (1956) pero tamén está presente a lucidez e a austeridade do cineasta francés. Unha mención especial merece a reconstrución visual-sonora filmada cun “ollo de pez” dos crímenes de Abu Ghraib e Guantanamo. Escenas case reais que rozan o documento terrorífico. Aquí, a nivel simbólico, hai outro acerto narrativo deste filme: converter os crimes dun puñado de homes nos pecados dun país.

Te puede interesar