Caballero: “Teredes moitos regalos porque sodes os mellores”
Os Reis Magos culminaron o seu percorrido por Vigo e agradeceron aos nenos a súa grande acollida, nunha mensaxe íntegra en galego. Xunto eles, a Carteira Real, que portaba a chave da cidade a Caballero, remarcou “o ben que se portaron os nenos vigueses este ano” e a “cantidade de traballo que tiven recollendo as vosas cartas”. Tras as súas palabras, Caballero tomou as chaves e deu a palabra aos Reis.
Baltasar foi o primeiro en falar, destacando que os nenos de Vigo “se portaron moi ben na casa, no cole e beberon moita auga”. Tras el, Gaspar recordou que “é preciso seguir portándose ben”, mentres que Melchor pediu aos nenos que “o ano que vén faledes e escribades as cartas que nos enviades en galego”.
O alcalde salientou que “os pequenos de Vigo sodes os mellores do mundo e ides ter moitos regalos esta noite”, pediulles aos Reis que “esta noite gañe o Celta en Balaídos” e despediuse cun “Viva Vigo” que corearon todos os presentes.