celtismo

Unha vida de paixón dende 1969

Os seguidores do Celta que cumpriron 50 anos como abonados recibiron un diploma e a insignia de ouro na sede do Celta.
photo_camera Os seguidores do Celta que cumpriron 50 anos como abonados recibiron un diploma e a insignia de ouro na sede do Celta.
O Celta entregou a insignia de ouro ós abonados que cumpriron cincuenta anos como socios do equipo vigués 
Dende os primeiros pasos, outros dende os amores adolescentes e algúns cos primeiros soldos. Dependeu dos amigos, da familia ou do amor, pero o certo é que ata 43 seguidores do Celta renovaron ano a ano o seu carné nos últimos cincuenta e o pasado 6 de novembro o club vigués, encabezado polo presidente Carlos Mouriño, entregoulles a insignia de ouro ó cumprir medio século como socios do equipo vigués.
De feito, no termo estrito da palabra, iniciáronse como socios e agora son abonados. Porque, en 1969 a entidade aínda era un deses clubs propiedade dos seguidores. O fútbol moderno e o capitalismo pasaron a formar as Sociedades Anónimas Deportivas da actualidade, pero non trocaron a paixón e o amor polo fútbol e polo Celta. Dende 1969, un total de 43 personas renovaron fielmente o cartón para estar un ano máis nas bancadas de Balaídos. 
Aquel ano pasou á historia como o da chegada do home á lúa, pero para este grupo de seareiros foi moito máis relevante para a súa vida un acto cotiá como tramitar e pagar o dereito a sentarse nunha butaca de Balaídos. Que, por aquel entonces, tamén estaba en obras.n

Te puede interesar