+ deporte

As rosquillas que rodan costa abaixo

Os primeiros líderes da Copa Galicia de Enduro posaron trala disputa do certame da Picaraña, a primeira das sete probas puntuables para a competición autonómica nesta tempada 2020.
photo_camera Os primeiros líderes da Copa Galicia de Enduro posaron trala disputa do certame da Picaraña, a primeira das sete probas puntuables para a competición autonómica nesta tempada 2020.
Marco Veiga e Isabel Castro apañaron a vitoria no Enduro de Ponteareas, que abría a Copa Galicia da modalidade
¡Que boas están as rosquillas! Xa sexan de viño, de masa ou de masa foliada. Fresquiñas. Tamén as que van entre os eixos das bicicletas, que rodaron a toda velocidade o pasado domingo na primeira proba da Copa Galicia: o Enduro das Rosquillas. 
Foi a segunda edición da competición, organizada pola ADC Picaraña, que elevou notablemente a participación acadada o ano pasado. 256 deportistas acudiron ó circuito ponteareano, no que Marco Veiga erixiuse como gañador e primeiro líder da Copa, que terá seis probas máis nos vindeiros meses. Conqueriuno tras superar a Mauro González, do Salvaterra, e a Pablo Míguez (Bici Verde).
A local Isabel Castro foi profeta na súa terra e gañou a competición feminina.
No resto das categorías destaca o triunfo do corredor do Avanza do Porriño  David Fernández na proba júnior, por diante de Raúl Miranda, do Coruxo, e de Zoe del Río (XSM). Entre os sub-23, o gañador foi Joel Antón Costas, que batiu a Mario Fernández e Cristian Novo.
Ademais, David Pazos gañou a competición de E-bikes (bicis asistidas con electricidade).n

Te puede interesar