María Pérez e Ángel Sánchez foron os mellores do ano

O Juventud Cambados de categoría alevín subiu ó alto do escenario para recibir o galardón de mellor equipo.
photo_camera O Juventud Cambados de categoría alevín subiu ó alto do escenario para recibir o galardón de mellor equipo.
O municipio celebrou a segunda edición da súa gala do deporte con 200 asistentes 

Unha xornada de familia e deporte en Cambados. A 'vila do Alvariño' viviu o pasado sábado un día de recoñecemento ós seus mellores deportistas na Gala do Deporte que tivo como principais protagonistas á palista María Pérez e o ciclista Ángel Sánchez, designados como os mellores do ano. Aínda que os momentos máis emotivos chegaron coas mencións especiais, que sempre teñen un sentimento especial. 
O corredor completou unha nova tempada dentro do pelotón profesional dentro do W52 Porto, con actuacións destacadas, e a piragüista entrou nas finais dos Xogos Europeos de Minsk e do Mundial sub-23. 
No referente ós galadardóns colectivos, destacou o Cambados Tenis de Mesa como mellor club, mentres que o Juventud Cambados obtivo unha distinción co seu equipo alevín e tamén á mellor escola deportiva. 
No referente ás promesas, os galardóns foron para a atleta Celia Castro e o axedrecista Luca Rey. Nos veteranos subiron ó escenario do salón de actos a tiradora Araceli Bugallo e o xogador de tenis de mesa Ramón Padín. No capítulo de técnicos, o premio como o máis destacado foi para Jesús Trigo, do Tenis Cambados. Un recoñecemento a toda unha vida de traballo na súa modalidade deportiva. 
O xurado da gala do deporte tamén quixo facer unha homenaxe ós colectivos que apoian ó deporte. Deste xeito, o Torneo Vila de Cambados de Ximnasia Rítmica obtivo o galardón ó mellor evento e a empresa Mariscos Linamar recolleu o premio como empresa que colabora co deporte. 

mENCIÓNS ESPECIAIS
Un dos momentos destacados do día chegou coa entrega das mencións especiais. O da traxectoria deportiva recaiu en Richard Charlín, exfutolista e expresidente do Juventud Cambados, e que continúa vinculado ó deporte como adestrador.
Unha mención especial recaiu en Enrique Barreiro, un home vinculado durante moitos anos ó Cambados tenis de mesa, e outra no Gran Premio Albariño de ciclismo. Un clásico do calendario galego de estrada e que superou os cincuenta anos de vida. 
Todos os galardoados viviron o seu momento de aplausos ó recoller o premio no estrado nunha xornada na que estiveron presentes as principais autoridades de Cambados nunha delegación encabezada pola alcaldesa Fátima Abal. 
O presentador do evento foi Goyo Agra e o día contou coa actuación musical a cargo do dúo formado por Enrique Barreiro e Xosé Piñeiro, de Quilam. Estiveron encargados de poñer o toque cultural ante un auditorio completamente cheo porque asistiron 200 persoas á segunda edición da Gala do Deporte cambadés. Unha xornada xornada especial.n

Te puede interesar