+ Deporte

María Ferreiro e José Manuel Gil triunfaron entre a néboa

Os corredores afrontaron a primeira costa do trazado sobre asfalto antes de empezar os treitos polo monte.
photo_camera Os corredores afrontaron a primeira costa do trazado sobre asfalto antes de empezar os treitos polo monte.
O trail dos Penedos, xunto coa BTT dos Callos, xuntou a 500 deportistas en Salceda
Xornada de néboa e baixa temperatura no lugar de Barreiro en Salceda de Caselas. Unha boa excusa para cubrir rápido os primeiros metros do Trail dos Penedos ou da Ruta dos Callos para gañar altura e poder gozar do sol tras superar o nivel máximo do neboeiro. E, coa sua aparición, esquecer as temperaturas inferiores ós cinco grados do inicio da proba. 
En todo caso, o percorrido clásico da cita de Salceda volveu a ser do agrado dos participantes, que tiveron a dous gañadores claros na proba longa de 15 quilómetros. José Manuel Gil rachou a proba pasada o primeiro subida para, pouco a pouco, abrir oco sobre os seus perseguidores e chegar a Barreiro cunha ampla renda. Iso si, a loita pola segunda posición foi dura, porque David Patiño, Adrián Sousa e Rubén Canda estiveron separados por menos de vinte segundos. Menos emoción existiu en mulleres, con victoria clara de María Ferreiro cunha renda dun cuarto de hora sobre Olalla Conde. María Jesús Fernández completou o podio.
A proba curta de 15 quilómetros tivo un desenlace marcado pola emoción en homes. Ismael Táboas superou en segundo e medio a Marcos Fernández e en case oito a José Antonio Losada. O trío brindou uns últimos metros especialmente fermosos pola herba das leiras dos últimos 300 metros onde o trazado é un estreito camiño de paso a pé. Para adiantar é preciso saír do sendeiro. 
En mulleres, Sandra Sobreira obtivo o triunfo sobre Rosa Pereira, e terceira entrou Noelia Campo. Estiveron separadas por cinco minutos. 
Un total de 259 corredores finalizaron as probas cronometradas de carreira, ós que se engadiu un número similar de ciclistas que participaron na ruta BTT dos Callos, que non foi competitiva, pero que si tivo unha notable dureza e treitos especialmente técnicos.
Ó remate das probas, os dous grupos de deportistas gozaron do sempre xeneroso avituallamento con rosca, viño e os callos quentes. Todo moi saboroso e necesario para combater as baixas temperaturas.n

Te puede interesar