+ deporte

Mando céltico e cangués en Balaídos

Sabela Menduíña rematou na primeira posición na súa serie de 60 metros valados e Carla Comesaña rematou décima na proba de salto de lonxitude.
photo_camera Sabela Menduíña rematou na primeira posición na súa serie de 60 metros valados e Carla Comesaña rematou décima na proba de salto de lonxitude.
Os atletas do Celta de atletismo, con seis vitorias, e do Vila de Cangas, con tres, destacaron nas Series Municipais
As pistas de atletismo de Balaídos acolleron o pasado sábado a cuarta xornada das Series Municipais de Atletismo Circuito Concello de Vigo coa participación de preto de cincocentos atletas, cun papel destacado das categorías inferiores, pero tamén un bo número de deportistas de idade sénior, que teñen a vista posta na tempada baixo teito. 
No referente ó número de vitorias, os atletas do Celta marcaron a pauta na súa pista de adestramento habitual con ata seis vitorias, catro dos representantes do equipo masculino e dúas do feminino. Entre elas destacou a actuación de Pedro Juncal nos 200 metros, que estableceu un tempo de 22.77 segundos. Na categoría feminina, a céltica Irene Gómez enviou o martelo de 4 kilógramos ata os 55.58 metros, a súa segunda mellor marca persoal. 
Pola súa banda, os representantes do Vila de Cangas obtiveron un total de tres vitorias e un papel destacado para Ariadna Gil, que foi a mellor en 60 valos con 9.87 segundos e terceira na proba de salto de lonxitude, na que saltou ata os 4.84 metros. Pola súa banda, Daniel Calvar gañou en salto con pértega (3.40 metros) e Juan Piñeiro chegou ata os 13.67 metros en triplo salto. 
A cita do pasado sábado foi a cuarta dentro das Series Municipais de atletismo e disputouse nunha xornada sen choiva, aínda que con algo de frío, o que sempre condiciona o rendemento nas probas de velocidade. A cita está prevista para este sábado e o prognóstico é de algo de choiva, o que pode dificultar a tarefa dos atletas participantes, que volverán a rondar o medio milleiro.n

Te puede interesar