+ deporte

Día de choiva e castañas

Os momentos de saída foron algo tensos porque, ó estar parados, os participantes sentían algo máis de frío do habitual neste tipo de competicións.
photo_camera Os momentos de saída foron algo tensos porque, ó estar parados, os participantes sentían algo máis de frío do habitual neste tipo de competicións.
A Nocturna de Bembrive estivo marcada pola auga e o extraordinario ambiente
Xornada de atletismo e moita choiva nas rúas e estradas da Entidade Local Menor de Bembrive, que acolleu o pasado sábado a súa habitual Carreira Nocturna Popular Memorial Manuel Dalmeida, que completaron un total de 168 corredores na categoría de adultos, os que engadir os nenos das probas de menores e que abriron a xornada.
O inicio estaba marcado para as 18:30 e os primeiros en mollarse foron os cativos. En función do momento e da forza da auga saían con maior ou menor humidade na súa roupa. A continuación, ás 20:00, estaba prevista a participación dos adultos e, uns momentos antes de comezar a correr, foi o instante no que a choiva incrementou a súa forza. Deste xeito, os participantes viviron unha competición conha importante dose de épica. Neste contexto, o atleta da Gimástica de Pontevedra Manuel Lorenzo obtivo a vitoria por diante de Celso Comesaña, un deportista que habitualmente fai de guía da paratriatleta Susana Roríguez Gacio. 
Ana María Alonso, do atletismo Beade, acadou a primeira praza en mulleres ó superar con claridade a Elena Hojas e Ana Paula Villar. 
Se todos os atletas tiveron que mollarse, tamén todos puideron recuperar folgos no extraordinario magosto realizado ó final da proba. Castañas para os atletas ó lado da fogueira e, para os más cansos e con fame, un bocadillo de chourizo. Alimentos para esquecer a humidade e a dureza do esforzo realizado na xornada.n

Te puede interesar