celtismo

O corazón latexou ó ritmo

Melissa Vales participou nun experimento da Liga para sincronizar o ritmo cardíaco dos afeccionados.
photo_camera Melissa Vales participou nun experimento da Liga para sincronizar o ritmo cardíaco dos afeccionados.
Melissa Vales participou nun vídeo da Liga no que xuntaron a un afeccionado de cada equipo do fútbol profesional
Melissa Vales recibiu unha mensaxe de que, se facía un vídeo o enviaba á Liga podía gañar unha camisola do seu equipo, o Celta. Realizouno, ó departamento de marketing da patronal dos clubs gustoulle e "puxéronse en contacto comigo para ir a Madrid, o que pasa é que nos dixeron claramente que non podíamos falar disto". Na capital de España coincidiu con xente procedente doutros puntos de España, "pero foi todo por sorpresa". 
Ó día seguinte leváronna a un estudio de televisión, puxo a camisola do Celta e, por enriba, unha camisa negra. Nunha mesma sala xuntaron ós 42 seguidores e, baixo a batuta do músico Lucas Vidal, puxéronse a aplaudir e corear o himno da Liga. O resultado foi que, como xa sucedeu noutros experimentos, ó facer esta actividade, os corazóns das 42 persoas foron poñendose ó mesmo ritmo. "Ó final foi cando sacamos a camisola e, por debaixo, todos tiñamos a do noso equipo", expresa Vales. 
O pulso cardíaco estaba controlado por un reloxo que enviaba de xeito instantánea a sinal e, nunha pantalla, podíase comprobar como ía sicronizándose o ritmo dos seareiros. "A verdade é que foi bastante emocionante porque cada un de nós procedía dun lugar distinto e estivo moi ben o momento de sacar a camisa e ver a camisola de cada un", explica a seguidora do Celta. 
De feito, tras o secretismo inicial, xa puideron compartir experiencias e os propios afeccionados crearon un grupo de Whsapp para manter o contacto. "Xa comentamos cada xornada de liga e os participantes xa teñen quedado en diversos puntos. A partir de aí naceu unha relación", indica Vales.
A viguesa naceu en México, pero "os meus pais son da parroquia de Abelenda, en Avión. Sobre todo meu pai era moi do Celta. Xa se sabe cando se está lonxe entra a morriña. Eu o seguín, sobre todo cando me establecín en Vigo". Agora traballa na cidade e aquí, coa proximidade, aumentou a súa paixón polo equipo vigués ata ser unha fiel seguidora, aínda que, por traballo, "non podo ir sempre ó campo, pero cando podo, paso pola billeteira e alí estou". 
E, deste xeito, agora xa ten os padecementos como moitos outros seguidores do Celta e o de corazón é o que puxo as pingueiras celestes no vídeo promocional da patronal dos clubs.n

Te puede interesar