+ deporte

Atletismo para toda a familia polo municipio de Cangas

As saídas das probas de cativos resultaron especialmente vistosas e tamén rexistrouse algún que outro empurrón nos primeiros metros.
photo_camera As saídas das probas de cativos resultaron especialmente vistosas e tamén rexistrouse algún que outro empurrón nos primeiros metros.
Nuno Costa e Sandra Mosquera obtiveron a vitoria nunha xornada con máis de 400 atletas
O municipio de Cangas acolleu o pasado domingo o tradicional Trofeo de Pedestrismo Memorial Pepe Cordeiro, que contou cunha participación de 400 atletas entre as categorías inferiores e a competición de adultos. Como nos últimos anos, as probas para cativos disputáronse no centro da localidade e a de maiores partiu de Aldán. 
Os maiores comezaron a correr ás 12:00 horas e viviuse unha proba de gran interese na loita pola victoria porque o local Álvaro Prieto buscou a vitoria, pero atopou a forte oposición de Nuno Costa, que subiu ó alto do podio. En mulleres, a viguesa Sandra Mosquera acadou o triunfo con pouca oposición. 
O día de atletismo comezou coas carreiras de nenos, dende os máis pequenos de minibenxamíns ata os sub-16, que xa amosaron un gran nivel atlético sobre un trazado xa longo de ata 3.000 metros.
A lista de gañadores está formada por Samuel Corrales e Lena Currás, en minibenxamín; Pablo Barreiro e Gabriela Bouzala, en sub-10; Hugo Domínguez e Sabela Castelo, en sub-12; Carlos López e Maialem Fernández, en sub-14; e Héctor Rodríguez e Aldara Fonseca, en sub-16. 
A competición de adultos foi completada por 219 atletas e a de nenos finalizarona 170. Moitos deles estiveron impulsados pola súa forza e tamén polos ánimos de familiares e amigos que seguiron dende as beirraruas canguesas o transcurso dunha proba popular, no corazón da localidade.n

Te puede interesar