Atlántico

ESPECIES SIGNIFICATIVAS DEL ARCHIPIÉLAGO

Los más molones de las islas

El programa educativo Planeta Cíes ha creado como hilo conductor unos divertidos personajes que representan especies en peligro de extinción o significativas de estas islas. Ellos acompañan todo el material didáctico. ¡Y así se presentan en gallego!

Cientos de escolares pasaron por los talleres de la Porta do Sol, donde se mostraron los secretos de Cíes y se realizaron experimentos científicos.
Cientos de escolares pasaron por los talleres de la Porta do Sol, donde se mostraron los secretos de Cíes y se realizaron experimentos científicos.
Los más molones de las islas

A gaivota Marela

“O meu nome é Marela, pola cor que teñen as miñas patas. Son coñecida como Gaivota Patiamarela! Somos a especie máis abundante entre as aves mariñas que habitan nas Rías Baixas e somos a maior colonia que existe nas illas Cíes. Os cantís destas illas son o noso hábitat de cría preferido e alí podemos degustar os nosos manxares favoritos: peixes, bivalvos, cangrexos de mar... A pesares da nosa mala fama, xogamos un papel clave porque realizamos funcións esenciais no ecosistema”.

A estrela Cantareira

“O meu nome é Cantareira, para recordar unha pequena praia de cantos rodados da illa Monteagudo. As estrelas de mar espertamos gran curiosidade polo noso rechamante corpo, e somos facilmente visibles. Nas illas Cíes existen varias especies, algunhas preferimos as rochas mentres que outras prefiren os fondos de area. Somos hábiles depredadoras, os nosos hábitos carroñeiros fan de nós auténticas limpadoras dos fondos mariños”.

O percebe Rodas

“O meu nome é Rodas, en lembranza da mellor praia do mundo, que se atopa nas illas Cíes. Somos un dos produtos galegos máis codizados polo noso especial sabor. Parte do noso ciclo de vida pasámolo entre o placto, do que nos alimentamos, e cando estamos listos para fixarnos buscamos zonas nas rochas máis batidas e expostas á oleaxe. Somos hermafroditas. Cada un de nós ten o sistema reprodutor feminino e masculino á vez. Para reproducirnos é necesario que interveña outro exemplar”.

O polbo Martiño

“O meu nome é Martiño, en alusión á illa menos accesible das illas Cíes. Son unha das grandes estrelas culinarias en Galicia e, á feira, é como case todos prefiren degustarme. Unha parte importante da miña poboación atópase nas illas Cíes, un hábitat idóneo para as nosas postas. As zonas rochosas e con gretas é onde nos sentimos máis a gusto e nelas construimos os nosos fogares! O papel das nais é fundamental para as postas, xa que velan todo o proceso ata que os ovos eclosionan (4 meses despois) coidan tanto dos ovos durante este tempo, que ata se esquencen de comer”.

O cabaliño Hippo

Chámome Hippo e o meu nome fai referencia ao xénero ao que pertencemos os cabaliños (hippocampus), Hippo -cabalo e Kampus – monstro de mar. Somos especies moi vulnerables ao sermos moi sensibles á presión humana. A nosa supervivencia é mostra da capacidade que temos para camuflarnos e pasar desapercibidos para os depredadores. Nas illas Cíes convivimos as dúas especies de cabaliños das que existe rexistro en Europa (Hippocampus hippocampus e H. guttulatus). Unha das curiosidades da nosa especie é que somos os machos os que parimos as crías!!”

Os mexillóns Miti e Lus

“Chámamonos Miti e Lus, que fai referencia ao nome científico da nosa especie “Mytilus”. Vivimos en piña, crecendo uns xunto aos outros, polo que sempre nos veredes da man. Somos o produto pesqueiro máis abundante de Galicia e sustentamos a produción acuícola máis importante de Europa. Isto débese á enorme riqueza mariña das augas desta contorna, xa que nelas atopamos cen mil larvas diarias que podemos devorar!!!”

Éxito de las carpas científicas

nnn Un anticipo de “Planeta Cíes” fueron los talleres científicos y experimentales celebrados en octubre en la Porta do Sol, por los que pasaron cientos de alumnos de Primaria. En este espacio se instalaron seis carpas dedicadas a la geología de las Cíes, sus hábitats y especies más singulares, los procesos ecológicos más representativos, sus características oceanográficas y la necesidad de su protección y conservación.