Sara Inés Vega Núñez: “A xente refrendou cos votos o que nós cremos”

Sara Inés Vega, diante do Concello de Castro Caldelas.
photo_camera Sara Inés Vega, diante do Concello de Castro Caldelas.
A socialista Sara Inés Vega gobernará con maioría absoluta con 5 concelleiros, frente aos catro do PP, con “Cachín” á cabeza

O Concello de Castro Caldelas volvía a celebrar as elección municipais o pasado domingo dándolle a victoria a Sara Inés Vega Núñez, quen repite os vindeiros catro anos como alcaldesa polo PSOE con cinco concelleiros fronte aos catro do Partido Popular. Despois de que a xunta electoral estimara nos pasados comicios de maio que se rompera a custodia e que non se contabilizaron un total de 118 votos por correo, os veciños de Caldelas repetían as eleccións, sendo o único concello en Galicia en ter que facelo. Desde entón ata as novas eleccións, a rexedora era alcaldesa en funcións á espera dos resultados.

 

En día de resaca electoral, cómo foi a celebración?

Certamente moi bonita, emotiva e con moitas ganas. A decir verdade facía tempo que non había uns resultados con tantas ganas de celebrar. A celebración foi larga.

 

Mirando a esas horas de recontos, como as viviu vostede?

Pois foi vivido con moita tranquilidade, e segundo tiñamos os resultados das dúas mesas máis pequenas cada vez gañando máis tranquilidade, foron facendo un colchón vendo que ían entrando os datos e se mantiña o resultado final. Eu creo que nun reconto sempre hai algo de nervios, porque senon é que non temos sangue, pero estabamos tranquilos, en cada mesa houbo xente e logo os outros estabamos xuntos confrontando datos en todo momento.

 

Houbo un momento que na mesa máis grande o PP adiantou ao PSOE

Entendo que os que estaban alí na mesa pasaron máis nervios ca nós, pero os resultados que nos chegaban sempre nos mantiñan dentro do resultado. Nesa mesa nas anteriores gañara o PP e desta volta gañamos nós.

 

Cómo valoraría a resposta?

Claramente eran eleccións complicadas, xa que estamos cun censo de fai 6 meses, ademáis, ao non haber campaña, eso desmoviliza, é máis difícil chega a eles, pero a xente refrendou o que nós pensamos. A resposta foi moi potente, temos que calcular que con este censo igual falamos de 50 personas menos que na vez anterior e iso supliuse con participación.

 

Nestas eleccións “descafeinadas” cómo conseguiu chegar á xente?

Nós prevíamos que a xente ía a responder e así se viu na gran participación que houbo. Eu teño un contacto directo cos veciños no día a día. As miñas mañás son enteiras no concello. Son a última que sae del, e polas tarde vou ver obras ou escoitar as necesidades dos veciños, e iso viuse na resposta deles.

 

Cómo será o seu goberno estes próximos anos?

O gobernante ten que ser de todos, e mirar para todas as necesidades que haxa, veñan de quen veñan, sen mirar a cor. Si que é certo que tamén somos persoas e as críticas hai que aceptalas, pero as trilerías deixan mella, eso sí é unha mella personal, non se pode mezclar.

 

Xa ten data para o acto de toma de posesión do cargo?

Ten que facerse nos 20 días seguintes e aínda non puiden estar coa secretaria, xa que este luns tiña reunión en Ourense, pero nesta semana marcaremos a data do acto en función do que acordemos cos compañeiros tamén.

 

Cunha maioría absoluta ao seu favor, cómo agarda que sexa a oposición nesta lexislatura?

Espero que sexa unha oposición constructiva, que aporte e que sexa leal. Se queren traballar: benvido sexa. Nos catro anos anteriores non estiveron moi presentes e a oposición debe exercer o seu traballo a reo, colaborar e demandar. Do BNG tan só coñezo a dous dos que van la lista, que son do municipio, non sacaron ningún concelleiro nin teñen vido a propoñer nada polo concello.

 

Cal é o que resalta do futuro inmediato de Caldelas?

O primeiro que queremos facer é seguir consolidando as infraestructuras rurais que durante a anterior legislatura quedaron comprimidas a dous anos por mor da pandemia. Logo, son moitos os proxectos que temos encima da mesa. O proxecto da ponte das táboas ten que arrancar xa neste ano. Por outro lado, o Museo de Olegario Blanco está no tellado da Deputación e agardo ter pronto audiencia para poñelo en marcha. O solo industrial tamén é outro dos grandes provectos, así como apoiar a feira do gando ao 100%. Temos un obxectivo marcado moi amplo.

 

En canto as adicacións, seguirán siendo as mesmas?

Eu teño adicación exclusiva e incompatibilidade co meu anterior traballo. Os meus compañeros non teñen adicación, tres deles ademáis son empresarios, polo que tan só perciben as dietas.

Te puede interesar