Recoñecemento a un obreiro da cultura e lingua galegas

La periodista Margarita Ledo, durante su intervención en la ceremonia de la RAG en Lourenzá.
photo_camera La periodista Margarita Ledo, durante su intervención en la ceremonia de la RAG en Lourenzá.
Margarita Ledo, Díaz-Fierros o Xesús Alonso Montero trazan o retrato do recoñecido Del Riego 

A Real Academia Galega (RAG) loubou ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, ao que se lle adica o día das Letras Galegas, e que na sesión plenaria extraordinaria quedou definido coma intelectual galeguista que “foi luz nas tebras”.

No acto, que comezou ás doce e media e rematou ás dúas e vintetrés minutos da tarde coa interpretación do himno galego, o presidente da RAG deu ás grazas á familia de “Don Paco” que estivo presente e dirixiuse á súa irmá, Ana María, que reside en Granada e da que dixo que seguramente estaba a seguir a cerimonia por vía telemática.

Figura central da cultura galega do século XX, Del Riego (1913-2010) foi luz nas tebras do franquismo, alegría de vivir e pensamento útil, persoa na que coincidiron ideario e acción e incomparable obreiro da cultura galega. Con verbas coma estas, Margarita Ledo Andión, Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xesús Alonso Montero foron trazando o retrato de quen foi tamén membro dunha xeración que “gañou o futuro para todos nós”, concluíu Freixanes.

A sesión contou co discurso de Margarita Ledo Andión, “Del Riego: joie de vivre e pensamento útil”, no que afondou na consideración que o homenaxeado soubo darlles aos medios de comunicación como esfera pública precisa para “facer que as palabras se tornen acontecemento“.

“O deber da presenza na prensa para que con cada texto medre a aposta por un país en andamento foi tarefa que norteu de ben cedo a paixón de Del Riego e a dunha xeración metida a xornalista que trouxo a subxectividade, a implicación persoal, para o modo de pensar a comunitas”, analizou a académica.

Ideario e acción coinciden na figura de quen, como os Lucciole, os vagalumes da fosa oitava do oitavo inferno da Divina Comedia, foi quen de “refulxir e fender as tebras” da ditadura, comparou: “Paco del Riego é ese Lucciole, ese verme de luz que persiste en facer chegar a sinal na escuridade total, que actúa para perder o medo abisal que anula o recordo, que sabe sobordar a dor que encobre o sufrimento, que nunca se vai sentir vencido e que quere partillar esa posibilidade sandadora”.

Del Riego escribiu máis de 4.000 entregas de opinión, crónicas, conversas e comentarios dende os primeiros anos 30, cando era só un estudante de Dereito ata o seu pasamento. Tras a guerra, o intelectual volveu escribir artigos en galego nas páxinas de “La Noche” e iniciou un novo tempo de múltiples colaboracións. Foi tamén o autor de guións e olaborador de numerosas cabeceiras, dende “Vieiros” (México) ata a “Galicia emigrante” (Bos Aires), esta dirixida por Luís Seoane, antigo compañeiro dos anos universitarios en Compostela.

A amizade entre ambos, un membro destacado do exilio interior e outro do exterior, foi evocada por Xesús Alonso Montero nunha emotiva intervención na que rememorou o seu breve “encontro semiclandestino”, trece anos despois de seren separados pola sublevación milita.

O pintor e a súa dona, Maruxa Fernández, viaxaban a bordo do HighLand Princess en terceira, o que non lles permitía baixar do barco. Pero todo fai supoñer que o avogado Valentín Paz-Andrade mediou. A parella foi recibida no peirao por Darío e Emilio Álvarez Blázquez, Celso Collazo, Laxeiro, Carlos Maside, Paz-Andrade e o propio don Paco. Todos xuntos foron xantar á taberna do Eligio. “Luís Seoane e Del Riego ían diante, capitáns que non paraban de preguntárense polos amigos mortos, polos compañeiros fusilados”, recreou Alonso Montero.  

Te puede interesar