A prol do uso do galego

PSOE

O PSOE aposta por manter nunha nova lexislatura "o se completo apoio ao proceso de normalización lingüística. Así, o partido que lidera Abel Caballero en Vigo propón o desenvolvemento de "programas de promoción da cultura popular" en todas a súas facetas artísticas. Ese reforzo da cultura galega na cidade tamén se recolle na súa proposta para a rede municipal de museos.
Os socialistas tamén apuntan que con respecto ao uso do idioma galego, vaise "estudar e actualizar" a toponimia tradicional dos distintos enclaves que forman parte do termo municipal. 

PP

 Pola súa parte, o PP tamén recolle medidas concretas con respecto ao idioma e cultura galega. A formación na que Elena Muñoz parte como candidata á Alcaldía de Vigo, amosa o seu compromiso por "recuperar o Día da Muñeira", así como á exaltación do traxe tradicional galego.
Deste modo, os populares teñen clara a necesidade de pór en valor as formas artísticas máis vencelladas á cultura tradicional, polo que "crearemos un programa de música e baile tradicional galego". En canto ao idioma, o partido mantén o seu compromiso coas leis de normalización lingüística. 

MAREA DE VIGO

A Marea de Vigo defende que "o Goberno municipal cumpra coa ordenanza municpal de normalizacióin lingüísitca de 1989", polo que "todas as expresións nos actos públicos serán en galego", comezando polos Plenos, onde sinalan que "a cotío non se respecta esta medida". O partido que lidera Rubén Pérez aposta pola "defens da toponimia tradicional e o fomento da chamada toponimia conmemorativa".
A Marea amosa o seu compromiso por "fomentar o uso do galego e a súa posta en valor en todos os ámbitos e sectores municipais" e coa "Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias". 

BNG

 O Bloque, con Xabier P. Igrexas como cabeza de lista, quere facer "da cultura galega a pedra angular da súa candidatura". Deste modo, os nacionalista realizarán un "reforzamento do Servizo de Normalización Lingüística cunha "recuperación e incremento dos orzamentos", o cumprimento das ordenanza municipal nesta mantera e o apoio a todas as iniciativas "promovidas por entidades sociais para promover o galego".
O BNG impulsará o programas existentes na promoción da lingua, así como unha "maior relación e colaboración con ámbito lusófono en todos os sectores". n

Te puede interesar