“A lingua non é motivo de liorta”, asegura Rueda

Alfonso Rueda y Besteiro, con Freixanes y autoridades locales, ayer en Lourenzá.
photo_camera Alfonso Rueda y Besteiro, con Freixanes y autoridades locales, ayer en Lourenzá.
Advirte que “un 98,5% dos cidadáns entende o galego e un 97% sabe falalo”

“Na Galicia do século XXI o galego é un instrumento de creación e tamén un medio de uso cotiá, pero sobre todo establece un dos vencellos máis fortes que unen ao noso pobo. O seu cultivo, a súa defensa, a súa normalización, son un labor colectivo no que todos os galegos e galegas teñen cabida e do que todos se benefician”, arrancou Alfonso Rueda o seu discurso onte en Lourenzá na homenaxe que o Goberno galego lle adicou neste día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego

“Hai moitas razóns para a reivindicación do noso idioma. É un legado que só nós podemos posuír e transmitir. É un tributo obrigado a todos os galegos que nos precederon. Apórtanos unha riqueza expresiva adicional que non se logra con outros idiomas. Fainos partícipes dunha comunidade lingüística universal, grazas á proximidade coa lingua irmá portuguesa”, incidiu Rueda, que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. 

E advertiu: “Quen teime en buscar fronteiras lingüísticas herméticas non poderá atopalas”.

Na Praza do Conde Santo, o máximo mandatario autonómico deu por satisfeito o reto de normalizar o galego “sen producir fracturas sociais” e, se ben sempre se poderá dicir que queda traballo por facer e avances que acadar, posto que “toda empresa humana é mellorable”, apuntou Rueda e dixo que ninguén debera negar os avances conseguidos.

“Neste 17 de maio podemos afirmar con orgullo que na Galicia actual a lingua non é un motivo de confrontación nin de liorta. Quen teime en buscar fronteiras lingüísticas herméticas non poderá atopalas”, constatou Rueda, e incidíu: “Existe un modelo lingüístico galego que non é tributario de ningún outro, edificado sobre principios que en boa medida foron sementados por eses galeguistas empeñados no que Fernández del Riego chamou empresa restauradora de Galicia. É un modelo xenuíno que descansa na igualdade e no respecto á lei; na fraternidade cordial entre os dous idiomas oficiais de Galicia; e sobre todo, na liberdade”.

Lonxe de que este proceso social sexa unha apreciación subxectiva, dixo Rueda que esta impresión está avalada por datos obxectivos. “O Instituto Galego de Estatística constata que un 98,5 por cento dos nosos cidadáns entende o galego, un 97 por cento sabe falalo e unha porcentaxe semellante sabe lelo”, subliñou.

Ningunha das comunidades españolas con lingua propia, proseguiu, obtén uns índices semellantes no relativo á normalización lingüística, subliñou o presidente da Xunta. 

A clave da fortaleza da lingua estivo, está e estará na súa comuñón co pobo galego, expresou Rueda. “El créaa, el protéxea, el aloumíñaa e el garante o seu futuro”.  

“A nosa lingua tamén está nunha encrucillada porque o mundo no que se inscribe é diferente, e cambia rapidamente”, remarcou.

E concluíu: “Non temos dúbidas, sen embargo, de que esta encrucillada suporá un novo pulo. Son innumerables as encrucilladas que o noso idioma superou na súa longa historia, grazas a ser un tesouro colectivo que nos unía máis”. 

O presidente da Xunta de Galicia referiuse ao proxecto “Nós”, que pretende crear a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e pásao a texto e un tradutor con tecnoloxía neuronal, entre outras iniciativas. n  

Te puede interesar