Galicia

Os galegos conmemoran o 183 aniversario de Rosalía

Angueira, Durán, Rosón, García y Penas, no acto que tivo lugar la Praza de Vigo, en Compostela.
photo_camera Angueira, Durán, Rosón, García y Penas, no acto que tivo lugar la Praza de Vigo, en Compostela.
A Comunidade acolle numerosos actos co galo do pasamento da poeta

Distintos puntos de Galicia acolleron onte, 24 de febreiro, lecturas conmemorativas, homenaxes e ofrendas para celebrar o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a "poeta nacional", tal e como a definiu a tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón. Fíxoo no primeiro acto dos convocados pola Fundación Rosalía de Castro para homenaxear á autora, unha ofrenda no monólito que lembra a súa figura na Praza de Vigo de Santiago, o lugar no que se levantaba a Casa da Parra na que naceu a poeta cando esta área da capital compostelá era aínda parte do veciño municipio de Conxo, hoxe integrado na cidade.
Foi precisamente neste acto no que Xosé Manuel Durán, da Asociación Raigame, reivindicou a importancia simbólica deste lugar e apostou por "facer máis visible o lugar de nacemento de Rosalía". "Para nós é un tesouro, e gustaríanos que nalgún momento se puxese en valor, como merece", explicou.
Durán e a tenente de alcalde de Santiago lembraron que nesta praza atopábase a casa natal de Rosalía, que foi derrubada nos anos 70 para a construción do aparcadoiro subterráneo. "Mesmo tiña unha placa, que puxera o Concello de Conxo, e que non sabemos onde está", dixo Xosé Manuel Durán, que lamentou queeste emprazamento non estea posto en valor e instou a facelo "máis visible", incluso pondo o nome de Rosalía á praza "para facer honra á súa memoria".
Durante o acto, Mercedes Rosón reivindicou a Rosalía de Castro como a "poeta nacional" de Galicia, unha figura da que "até non fai moito dicíase que era unha muller delicada que viviu á sombra do seu marido", pero da que hoxe se sabe que "era unha muller formadísima, cuns intereses moi claros e unha gran sensibilidade e fortaleza". "Non era fácil para unha muller da súa época plasmar todo ese sentimento en palabras", dixo Rosón, lembrando que no século no que viviu Rosalía "tanto as mulleres como o galego estaban silenciados". "183 anos despois do seu nacemento, os seus poemas e os seus textos están máis vivos que nunca", engadiu.

autora de referencia
Nos actos participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que cualificou este como "un día grande para Galicia", que festexa o nacemento da súa "autora de referencia", lembrando que "poucas culturas teñen como referente a unha muller". Para Valentín García, Rosalía de Castro é "unha oportunidade para dar a coñecer e internacionalizar a lingua e a cultura galega", á vez que apostou por trasladar ás "próximas xeracións" a "valentía, calidade literaria e altura de miras" que tivo a autora. "Foi pioneira no ámbito literario en asinar como muller", dixo García.
Ademais da súa calidade literaria, Xosé Penas, en nome da Deputación da Coruña, puxo sobre a mesa o seu papel "feminista" e o carácter "loitador e rebelde" de Rosalía de Castro, alguén que "levou o nome do país por todo o mundo".
Moitas das homenaxes celebradas este luns estiveron organizadas pola Fundación Rosalía de Castro, e presididas polo seu presidente, Anxo Angueira, que destacou "grandes novidades" no ámbito do poeta este ano, como a estrela Rosalía de Castro.

Te puede interesar