A CEG pide coñecer o plan para o corredor atlántico

Xabier Flores, secretario general de Infraestructuras, onte.
photo_camera Xabier Flores, secretario general de Infraestructuras, onte.
O Estado di que xa hai obras en marcha por máis de 700 millóns de euros

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) pide coñecer “canto antes o plan director do corredor atlántico, concretando prazos e orzamento”, e considera “imprescindible que España promova a súa incorporación a todos os instrumentos normativos, de xestión e de financiamento da Unión Europea”, segundo informa nun a patronal nun comunicado.

A patronal galega trasladou onte ao secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Xavier Flores, e ao comisionado do Goberno para o corredor atlántico, José Antonio Sebastián, “a necesidade dunha rede de transportes moderna e adaptada para incrementar a competitividade de empresas e territorio galegos”.

Na cita, na sede da CEG, en Santiago, os empresarios trasladaron “a necesidade dunha rede de transportes moderna e adaptada para incrementar a competitividade das empresas e do territorio galego”. E subliñaron que é “imprescindible cohesionar territorialmente Galicia co resto de España e Europa, para o seu desenvolvemento económico”.

“Os empresarios pedimos traballar como unha soa voz. Continuaremos o diálogo permanente e construtivo co comisionado e co Goberno”, explican no comunicado.

Xavier Flores precisou que está en marcha un investimento de 763 millóns en obras do corredor atlántico de mercadorías, á vez que asegurou que o Goberno central está “a disposición” da Xunta e pediu unha reunión á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

O Executivo central busca “axudar a este mundo empresarial a ser máis competitivo” e “diso vai o corredor atlántico”, incidiu Flores. “Estamos a falar dun volume de investimentos de máis de 1.400 millóns de euros, dos cales máis da metade xa están en obras que están licitadas ou executándose”, resaltou. O representante do Estado ponderou: “Estamos a falar de 763 millóns que xa están en marcha, que non é só papel, que son obras, e case un 20%”, uns 273 millóns de euros, proceden de fondos europeos”.

Te puede interesar