Eurodeputado galego do PSOE

Casares: “Loitarei por un comisario de Pesca e para que a Comisión peche as portas á ultradereita”

Nicolás González Casares.
photo_camera Nicolás González Casares.
"Voltarei a Bruxelas en breve, porque hai asuntos que arranxar e ver como se conforma o grupo e haberá que empezar as negociacións"

O lalinense Nicolás González Casares revalidou o domingo a súa acta de deputado no Europarlamento polo PSOE e onte mesmo recollía nun chío na red social X que será o único eurodeputado que vive en Galicia. 

Como ve os resultados do domingo?

Dende a perspectiva española moitos plantexaron estas eleccións como un plebiscito e non salíu. O PSOE resistíu nun panorama moi complexo. Ademais xa se ten visto que coa agresividade o que se consegue é reforzar á ultradereita e tamén á nova ultradereita antisistema. Así que vexo os resultados con satisfacción, pero con preocupación, porque parece que a fragmentación da dereita da máis pulo á ultradereita.

Cales serán as súas primeiras accións despois da toma de posesión do escano?

Primeiro hai que tomar posesión e despois elixir as comisións. Imos cubrir todas as comisións do Europarlamento. Eu seguirei nas comisións de enerxía e industria e tamén na de pesca. O primeiro que farei será loitar para conseguir que haxa un comisario de Pesca como tal, que é importante para Galicia. Fundamental tamén que haxa unha Comisión Europea que peche as portas á ultradereita. O presidente ou presidenta ten que ser refrendada no Parlamento e non imos aceptar unha presidencia cautiva da ultradereita, nin que compre o programa político da ultradereita.

Nese senso, como ve os resultados de Francia, Alemania ou Países Baixos?

En Países Baixos a socialdemocracia parou á ultradereita. Pero é preocupante o de Alemania, pola forza reaccionaria, pero ahí a dereita da CDU ten un cordón sanitario e non é comparable a dereita alemana coa española, porque non acepta flirteos coa ultradereita. O de Francia non me sorprende, pero impresiona. A Agrupación Nacional saca bos resultados en europeas, pero o resultado machaca a En Marche de Macron. Tamén os socialistas casi teñen triplicado a súa presenza depois de tempo desaparecidos, así que é posible unha alternativa á presidencia.

Dedicará agora uns días a descansar?

Uns días descansai, pero voltarei a Bruxelas en breve, porque hai asuntos que arranxar e ver como se conforma o grupo. Haberá que empezar as negociacións de como se conforma o grupo socialista. Hai traballo que facer.

Te puede interesar