O 31 de outubro, a nova data do pleno das Letras Galegas

Ricardo Carballo Calero, escritor galego homenaxeado no Dias das Letras Galegas.
photo_camera Ricardo Carballo Calero, escritor galego homenaxeado no Dias das Letras Galegas.
O cambio é unha medida sen precedentes tomada por culpa da crise sanitaria do coronavirus
A Real Academia Galega decidiu pospor o pleno extraordinario que se celebra tradicionalmente o 17 de maio ata o mes de outubro, unha medida inédita e sen precedentes na historia das Letras Galegas que estea ano dedícanse á figura de Ricardo Carballo Calero.
As consecuencias da crise sanitaria polo COVID-19 obrigaron á institución académica a pospor tanto este pleno extraordinario como todos os actos presenciais que estaban previstos nas datas previas e posteriores, que quedarán para despois do verán. A data elixida para celebrar o pleno será xusto o día despois da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.
A sesión manterase no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase ao sábado 31 de outubro. A institución académica adoptou esta decisión "ante a evidencia crecente" de que a mediados de maio "non será recomendable, nin quizais aínda posible, celebrar actos públicos concorridos".
"A medida, inédita nos 57 anos de historia do Día das Letras Galegas medida, adóptase desde a responsabilidade ineludible, que esixe priorizar a seguridade do público asistente e de todas as persoas implicadas na organización dun acto destas características", explicaron nun comunicado. A pesar diso, a RAG insistiu na intención de "prolongar a celebración do ano Carballo Calero" a ou longo do último cuadrimestre deste 2020 e "minimizar o impacto" da crise do coronavirus "na gran festa da cultura galega".
A RAG fai un chamamento á cidadanía a servirse das posibilidades das redes sociais "e do mundo dixital" para converter o próximo 17 de maio en "unha gran celebración colectiva", e avanzou que reforzará nas próximas semanas diversas iniciativas de divulgación da figura do filólogo e profesor ferrolán a través da súa páxina web.
Outro dos actos que se verán afectado será a homenaxe ao traballo de Ricardo Caballo Calero como docente, e como parte da resistencia galeguista. 

Te puede interesar