SERAFÍN OTERO. CANDIDATO DO BNG á ALCALDíA

“Somos a única alternativa nacionalista e de esquerdas”

Serafín Otero pasou de sindicalista á candidato á Alcaldía viguesa.
photo_camera Serafín Otero pasou de sindicalista á candidato á Alcaldía viguesa.

Naceu en Barreiro, en 1957. Traballador da banca, Serafín Otero foi un activo sindicalista, chegando a secretario comarcal da CIG en Vigo. Hai uns meses deu un chimpo ao Bloque Nacionalista Galego, onde os militantes elixírono candidato á Alcaldía da cidade. 

Como perciben dende o BNG a acollida que está tendo o seu programa entre a cidadanía?
Está chegando ben. É un programa moi participativo, xurdido das aportacións das asambleas abertas. Tratamos de implicar aos distintos sectores; aínda temos na web o programa aberto á propostas da xente.
A súa candidatura supón un punto e aparte no BNG de Vigo?
O que fai o BNG é ver a situación real. Entende que ten que abrirse á sociedade, aínda que sempre fixo unha campaña de portas abertas. A partir de agora hai un novo BNG máis participativo se cabe.
Que opina de todas estas plataformas cidadáns que presentan candidatura?
Non hai nada que inventar. As plataformas non son algo novidoso. O Bloque sempre estivo en diálogo co movemento veciñal e cos sindicatos. Non é casualidade que sexa eu, un sindicalista, o novo candidato á Alcaldía.
Pero esta situación, con dezasete listas para votar, como vai a afectar ao BNG?
Non afecta, que se presenten distintas opcións é algo normal. O que si tivo consecuencias foi a ruptura que sufrimos da que xa estamos saíndo, onde houbo xente que marchou, eses non nos votarán. Agora temos un Bloque sin moito conflicto.
Como animaría aos vigueses a saír a participar nas eleccións do 24?
É importante exercer o dereito democrático de poder decidir quen vai gobernar a cidade. Animo á poboación a que participe e confíe no BNG. Somos unha agrupación que non comezamos de cero, xa formamos parte do goberno e tamén da oposición, sabemos traballar en ambos lados.
Que supón votar o BNG? Que diferencia ten con dar o voto a outras opcións?
Somos a única alternativa de esquerda nacionalista ás políticas de escaparate do PSOE  e ás políticas de recortes do PP.
Cando  pasou o ecuador da campaña electoral. Xa se pode falar de posibles pactos de goberno despois do día 24?
Primeiro os cidadáns terán que dar o seu voto o domingo. Somos dialogantes. Estamos abertos a pactos e a falar, pero aínda non sabemos con quen.n

Te puede interesar