Artista vigués, candidato a presidir a SGAE

“A SGAE require unha refundación e chegou o momento de se responsabilizar”

Antón Reixa involúcrase directamente coa xestión da SGAE.
Antón Rodríguez Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un representante da cultura galega actual, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor. Licenciado en Filoloxía Galega, funda no 1976 o Grupo de Comunicación Poética Rompente. En 1982 funda Os Resentidos. No 1996 iníciase no audivisual, onde segue con Filmanova. Escribíu libros, gravou discos, ademais dirixíu e producíu películas.
Se a literatura, a música e o cine non foran dabondo, Antón Reixa, tal home do Renacemento, ven de presentar a súa candidatura á presidencia da Sociedad General de Autores (SGAE), a través da facción Autores Unidos por la Refundación. Pese as súas constatables ocupacións e preocupacións, o agora candidato amosou disponibilidade total para explicar a este medio que foi o que lle levou a embarcarse nesta nova batalla.

De onde lle xurdíu o interese por presidir a SGAE?

Son socio dende hai 25 anos, pero sempre ausente da vida social da sociedade. A partir do que aconteceu en xullo (o escándalo coa xestión de Teddy Bautista), participei en moitos actos organizados en Galicia. Representantes dos socios galegos creamos unha comisión para a reforma dos estatutos e na proposta de refundación, suxerírome ser candidato. Recuperado do susto, aceptei.

Non ten medo da mala prensa que xenera agora a Sociedade?

Non é o momento máis doado para xuntarse coa SGAE. Pero creo na defensa dos dereitos de autor e na necesidade da refundación. Chegou o punto de responsabilizarse.

Hai compatibilidade a defensa dos dereitos de autor coa liberdade de intercambio en internet?

A circulación libre de contidos pola rede existe, pero algúns deles están xerados por particulares que temos dereito a os xestionar. A cultura existe porque hai unha industria cultural que se ten que manter. Non hai nada máis libre que o cobro do autor: se o público non escoita unha canción ou non lee un libro, non xenera diñeiro.

Revisarase os cánones recaudatorios tan criticados?

A refundación pasa por rebaixar as prácticas recaudatorias. Hai que correxilas porque non é o mesmo unha peluquería familiar de barrio nun segundo piso que un salón de beleza a nivel de rúa con moitos empregados, onde a música é un atractivo máis.

Cal é a súa proposta para defender os intereses dun
colectivo tan variado?

A SGAE xestiona a obra de autores musicais, dramáticos e audiovisuais. Cada un ten os seus propios intereses. Pero a Sociedade ten que amoasar un estilo unitario para poder defender mellor os dereitos de autor na rama que sexa.

Como se fai campaña na SGAE?

As eleccións son en febreiro. Poden votar 20.000 dos 95.000 socios, os que xeneraron máis de 640 euros nos últimos catro anos. Farei campaña a partir de xaneiro tentarei levarlles as nosas propostas.

Te puede interesar