Xisco Feijóo: "Hai moitos xeitos de expresarse, pero a xestualidade é o idioma universal"

Xisco Feijoó, no set de Atlántico TV.
photo_camera Xisco Feijoó, no set de Atlántico TV.
“Apetéceme contar cousas coa miña música seguindo o patrón antigo, tal e como vin nas aldeas”, coreógrafo e artista, pechará a xira "Peixe" no García Barbón

Xisco Feijoó (Vigo, 1987) volve ao set de AtlánticoTV para presentar a despedida da xira “Peixe” que terá lugar o vindeiro mércores 29 en Lugo e o 1 de decembro no teatro García Barbón.  Con máis de 30 anos no mundo do folc, vencellado a Etrad, a Sondeseu ou O Fiadeiro entre outros, convida ao que califica como “unha gran foliada”.

 

 

Por fin no teatro García Barbón!

Custou. Cando comezamos coa xira, tenteino varias veces, pero saíamos dunha pandemia e só permitía un aforo moi reducido que non cubría este investimento. Este teatro é un lugar moi especial para min. Estou feliz.

Só en Vigo actuou con “Peixe” en escenarios tan distintos como as festas de Beade ou o TerraCeo. É unha montaxe versátil?

Adáptase totalmente. É unha música moi escoitable con arranxos salientables, pero que sempre deixa patente  a música tradicional coas súas vibracións dierentes. Quen quiera pode bailar unha pandereitada. E se non, adaptámola nós, que vimos de facer procesións con gaiteiros e estamos afeitos a todo.  

“Peixe” é popular pero tamén contemporánea. Cómo se compaxinan ambos extremos?

É moito máis doado que o que pensamos. É certo que a música popular ten unha antigüedade. Tivo a súa razón de ser nunha sociedade máis ligada á terra, ao sector primario. Pero tamén está presenta hoxe en día en celebracións como a Reconquista. En calquera evento móntanse catro ou cinco grupos de baile, polo que tamén é algo que ten vixencia nos nosos días. 

Neste traballo tamén hai moito de si mesmo.

Non é autobiográfico, pero si un relatorio. Apetéceme contar cousas coa miña música. Conservo o patrón antigo dos romances con versos octosílabos. Quero que cada estrofa teña relación coa outra e así contar unha historia. Fágoo o que vin en xente nas aldeas  e que admirei moito. Rimaban, falando de cousas que nen nomeaban ao tempo que cantaban as flores e as nubes. Tentei con esa lírica contar cousas algún dos casos son ben fortes.

Cal é o fío engloba a lírica, a música e o baile?

Como dicía Quique Peón, mestre de Xancarandaina, o baile é o patrón das artes. Hai moitos xeitos de comunicarse, pero a xestualidade é a linguaxe universal. A expresión corporal está presente en todo momento.

Que é para Xisco Feijoo esta comunicación?

É a miña vida,. Sempre fun bastante expresivo, podo mentir pouco. Dende neno me dixeron que falaba coas mans. Ás veces é unha tortura, cando te metes tanto, acabas lendo nas outras persoas.

Te puede interesar