Poeta, autor de “Claustro, corda, comensal”

Samuel Merino: "A poesía engancha pola facilidade de transportar o que se lee a un mesmo"

Samuel Merino, no set de Atlántico TV.
photo_camera Samuel Merino, no set de Atlántico TV.
“Para min a poesía é un xeito de comunicación, o obxectivo principal non é responder, é ofrecer un discurso a que non chegan o resto dos xéneros”, di o autor

Samuel Merino (Mos, 1982), licenciado en Filosofía, visitou o set de AtlánticoTV para presentar o seu último libro, “Claustro, Corda, Comensal”, que cun carácter reflexivo e autorreferencial os versos xorden da oralidade e das representacións teatrais.

 

 

Son poemas que teñen moito que ver con si mesmo.

Parten de algo vivencial, teñen de min e tamén dun grupo de persoas. É moi comunitario. 

Que supón como autor a poesía?

Primeiro é un xeito de creación artística, unha variante máis. Pero para min, especialmente é un xeito de comunicación. O seu obxectivo primordial non é responder, é ofrecer un discurso a que non chegan o resto de xéneros literarios. Ten unha linguaxe acaida, invita a divagación. Está moi relacionada coa filosofía.

Busca o intimismo?

Son versos intimistas. Nos meus poemas ese fío intimista percorre o que eu adoito crear, pero como punto de partida. O interesante, creo que non é falar de min. Non ten máis interese a miña experiencia que a doutra persoa, pero serve para preguntar sobre cousas moi humanas.

Por que é un xénero que engancha?

Engancha pola facilidade de transportar o que se lee a un mesmo, a súa contorna, a súa vida ou a alguén coñecido. Son temas moi humanos que atinxen a preguntas que todos nos facemos nalgún momento da vida. 

Como lle gusta que lean os seus poemas?

Creo na liberdade total, penso que a xente debe ler como máis lle reconforte, dependendo do momento. Eu, cando leo poesía desoutras persoas, adoito facelo para min. Gústame notar como resoa por dentro. Para os demais desexaría que o lean con gusto e con ganas.

A poesía segue a ser un xénero de minorías?

Coido que a poesía vive unha época de bonanza, na que a múltiples xeitos de chegar a posibles lecturas e consumidoras de arte en xeral coas redes sociais. Isto fai que xéneros entendidos como minoritarios agora non o sexan, pero é algo que pasa con tódalas artes. Agora a golpe de clic é difícil que non apareza algo que chame a atención. E a democratización do xeito de contacto coas lectoras.

Foron as redes unha revolución para a poesía?

Para tódalas artes, igual na poesía máis porque hai ese certo elitismo existente noutras disciplinas. Non é o mesmo falar de pintura que de ilustración, cando están moi achegadas; tamén se pensa na novela ou a narrativa como un xénero ao que se chega máis facilmente e que a poesía é para un público máis selecto, pero só son códigos distintos. Hai lectores que nun principio non se senten atraídos, pero leen algo e sorpréndelles porque lles gusta.

Ten que remover?

É como a narrativa, hai xente a quen lle gustan novelas románticas, outras policiacas, en poesía haina máis analítica ou máis visceral. Para min si que ten que remover ou polo menos que me faga pensar, que me ofreza algo inspirador. Non me basta con que sexa un entretemento.

Por que ese título con tres “c”, “Claustro, corda, comensal”?

Coincidiu así, non me gusta que sexan todas con c. Realmente é un esquema co que comecei este proxecto. Tiña un arquivo de Word no ordenador, onde ía tomando notas durante máis dun ano. Co libro xa avanzado, dei con este esquema e pareceume un bo título. Serviron como guía, son os tres piares que se fundamenta.

Entón estrutura a inspiración?

Neste caso foi así. É o primeiro do libro que escribín deste xeito, atende a un proceso. Eu tiña a idea dende hai anos e foi evoluíndo.

Te puede interesar