Iria 'SorPresa': "Artes e Oficios é o lugar idóneo para crear o recuncho dos Mella"

Iria ‘SorPresa’, co piano de Urania e as obras de Beto Mella.
photo_camera Iria ‘SorPresa’, co piano de Urania e as obras de Beto Mella.

Iria 'SorPresa' realizou varias viaxes para coñecer máis detalles da familia de Ricardo Mella

Iria “SorPresa” (1986), viguesa de Beade, leva dende 2012 investigando a familia de Ricardo Mella Cea con tódalas súas ramificacións. Con estudios en Filoloxía Hispánica e pupila de Gonzalo Navaza, segue o pé da letra o consello do seu mentor, “busca sempre as fontes orixinais”, o que lle levou a viaxar por México, Galicia ou Euskadi na procura da pegada dunha familia que marcou a historia viguesa. Agora volveu a cidade para preparar o recuncho Mella na escola de Artes e Oficios, tal e como contou a Atlántico TV.

 

 

Por que este lugar para a homenaxear aos Mella?

Será un espazo para Ricardo Mella e toda a súa estirpe ata Beto Mella, bisneto pola rama do seu primoxénito, Ricardo Mella Serrano. Tódalas irmás estudaron sombreirería ou foron mestras aquí, Alicia, a pequena, deu clase de álxebra. Amais os últimos anos viviron en fronte. Artes e Oficios é o lugar idóneo para crear o recuncho dos Mella. O matrimonio tivo 12 fillos que levaron a súa estirpe ata México, a través de Caracas e da República Dominicana no exilio, despois de que fora gobernador de Alicante. Están vencellados coa Artística, xa que Alicia levaba a casa berce ou coa miss España, Emilia Docet que anunciaba sombreiros Mella en 1933.

Este espazo xa o preside o piano de Urania. Como chegou ata aí?

Este piano foi dos poucos obxectos que se puideron salvar en 1936 da súa casa do Calvario, despois de que detivesen ao matrimonio. Acaba nas mans da familia de Conchita, unha das fillas e chega ata Gabriel Reigosa (vogalista de Dakidarría) e o seu pai, Xosé Reigosa, de iniciativas de defensa do territorio como A Ría non se vende ou Salvemos Monteferro.

De feito esta homenaxe será unha exposición onde unirá aos históricos coa nova xeración.

Xunto ao piano de Urania Mella imos colocar debuxos de Jorge Mella Rivera, tataraneto mexicano. Localiceino en 2020. Amais das súa obra, a familia cedeu pezas do pai, Beto Mella, entre as que está un relevo prototipo para a porta da oficina do músico Armando Manzanero.

Semella que nesta familia herdouse tanto o espírito reivindicativo como o artístico.

 Completamente. Toda a familia Mella está vencellada ás artes ou á cultura. A parella de Ricardo Mella, Esperanza Serrano, era institutriz, e promovía unha auténtica misión pedagóxica. O matrimonio foi coa súa escola ambulante por toda España, xa que durante 25 anos se moveron seguindo o trazado do tranvía ata que en 1908, Ramiro Pascual chama a Ricardo para que o monte en Vigo. Volve entón a súa cidade onde morrerá en 1925.

Os familiares localizados en México coñecían a envergadura do seu ancestro?

Non. Ese descoñecemento tamén pasou con Urania. Nos 20 e 30 eran a crema da sociedade. En “El Pueblo Gallego” recollen a crónica de como aplaudían á familia que saía ao balcón o Primeiro de Maio. Despois do 36 son perseguidos. En México fan todo o posible por ocultar as súas orixe. O seu tataraneto non sabía que Ricardo Mella era un dos principais pensadores. Non se falaba polo perigo que supuña, polo que pasou con Urania, encarcelada; con Mella Serrano no exilio, ou con Jorge, morto na fronte fai.

A descuberta do vencello co ‘Lapis do carpintero’

A investigación de Iria “SorPresa” levou a descubrir unha liña que une Ricardo Mella con José Villaverde, o carpinteiro de ribeira libertario que inspirou “O Lapis do Carpinteiro” de Manuel Rivas. “Foi uno dos pupilos de Mella, defensor das súa ideoloxía”, afirma SorPresa. Agarda poder comezar a montar a mostra en xaneiro, co panel adicado á familia e as obras de Beto e Jorge Mella, xunto ao piano de Urania.n

Te puede interesar