Avelino Muleiro: "A filosofía é o cazador que lle dispara a todo o que se pon a tiro"

Avelino Muleiro, en el set de Atlántico TV.
photo_camera Avelino Muleiro, en el set de Atlántico TV.

As Xornadas de Filosofía, organizadas polo grupo Aletheia, volven a la axenda local con ocho conferencias repartidas en tres días dende hoxe ata o mércores. Será a edición XXVII, a primeira tralo parón do covid, e están adicacadas á relación da filosofía coa psiquiatría e os trastornos mentais. O seu director, Avelino Muleiro (Cea, 1943), visitou o set de AtlánticoTV para adiantar algo do seu contido.

 

 

Fixéronse agardar pero xa comezan as Xornadas de Filosofía. 

Volven despois de tres anos dunha longa espera. Non se cumpriron os compromisos e houbo que tomar outra dirección. Antes celebrábanse no auditorio do Concello, pero ante a imposibilidade burocrática de organizalas, tivemos que cambiar patrocinadores e vai ser no auditorio da sede territorial da Xunta, na rúa Concepción Arenal.

Nesta ocasión está adicada a súa relación coa psiquiatría.

Era o proxecto que tiñamos para o ano pasado. Entón estabamos moi sensibles ás secuelas psicolóxicas da covid como o aumento das depresións,  dos suicidos ou das psicoses, o que se coñece como trastornos mentais. Ante este incremento no Parlamento chegaron a propor que a sanidade publica tiña se centrase nestas doenzas.

E como pode axudar a filosofía nesta campo?

A filosofia é o cazador que sae de caza e dispára a todo o que se pon a tiro. A filosofía nace como consecuencia da admiración e da sorpresa. Levamos 26 xornadas nas que se tratou de todo, do divino e do humano. O que preocupa neste momento á xente son os trastornos mentais. 

Quen son os conferenciantes invitados?

Van vir moitos dos que xa estaban programados para o ano pasado. Hai xente de filosofia, psiquiatría, farmacoloxía, bioloxía e neurociencias, unha amalgama de persoalidades, especialistas neste tema. Abordaranse os trastornos mentais relacionados coas drogas ou as depresións, pero tamén enfermidades que aínda están por catalogar como tal, tamén os que produce o sono e un amplo abano de problemas.

Entre os nomes deste ano hai algúns que xa son fieis á cita en Vigo.

Falta algún que botamos moito de menos como Jesús Mosterín. Era a alma mater destas xornadas, foi profesor meu de filosofía en Barcelona e todos os anos participou nas xornadas ata que faleceu. Este ano volven Javier Urra, Ignacio Morgado ou Manuela Martínez que xa son amigos e sempre teñen a porta aberta. Amais participarán Neus Barrantes, do departamento de Psicoloxía Clínica de Barcelona; Ramón Area Carracedo, do hospital psiquiátrico de Conxo; Rafael Maldonado, catedrático en Farmacoloxía; José Manuel Olivares, xefe de servizo de psiquiatría de Vigo e Ángel Tomás Camacho.

Ao longo das XXVII edicións das xornadas queda demotrada a utilidade da filosofía, pero segue a ser cuestionada tamén nos plans educativos. 

Daría moito que falar os problemas que hai no ensino da filosofía. Máis que nunca é evocada e reclamada por persoalidades do mundo da cultura. En EEUU ten tido un grande achegamento ás empresas, hai unha rama, a da filosofía da ciencia, que interven nas empresas, tendo en conta o aspecto ético das investigacións e dos avances. Ven de saír a película “Oppenheimer” sobre o descubrimiento da bomba atómica. Foi unha investigación moi importante para a ciencia, marabillosa, pero tamén ten outra cara, a causa dela morreron miles de persoas.  A filosofía é necesarioa porque é crítica con todo o que descubre e investiga a sociedade.

Te puede interesar