Aser Álvarez: "Ramón Chao estivo detrás de Mano Negra, a banda dos fillos"

Aser Álvarez, no set de Atlántico TV.
photo_camera Aser Álvarez, no set de Atlántico TV.
O director de cinema Aser Álvarez presenta o seu novo traballo, que conmemora o quinto aniversario da morte de Ramón Chao

Aser Álvarez (Bande, 1976), director de Arraianos Produccións, estrea o luns no Festival de Cine de Ourense o seu último documental “O Camiño de Ramón Chao. Tralas pegadas de Prisciliano”, obra da que falou en Atlántico TV.

 

 

Por que agora Ramón Chao?

É un acto de amor a un grande amigo cando se cumpren cinco anos da súa morte, o autor desta obra foi el mesmo. Chao vira o documental que fixemos sobre Celso Emilio e dicía que había que facer documentais de cultura máis frescos, non tan académicos. Levoume o Instituto Cervantes a París alí díxome que hai que facer algo con Prisciliano. O que ía ser un documental sobre Prisciliano acabou sendo sobre Ramón Chao coa preestrea en París.

Para as novas xeracións os máis coñecidos son os fillos, Antoine e Manu Chao.

El tiña dúas paixóns a música e a radio e curiosamente cada fillo seguiu unha delas. Manu Chao continuou coa vida musical, despois de fundar Mano Negra onde tamén estaba Antoine, pero este logo cambiou no mundo radiofónico en Radio France Internacional en temas sociais.

De feito, Ramón Chao estivo moi vencellado a Mano Negra.

Involucrouse moito. El era más punki que son dous fillos xuntos, morreu con 82 anos e seguía sendo un neno. Estivo detrás de Mano Negra, coa música que levou a casa, enchoupou o terreo para a banda dos fillos nacese. Era un home xenerosos que lle con moita curiosidade, con moita paixón. Aquí é moi descoñecido pero en Francia era toda unha institución. Era un ser humano extraordinario, axudou a represaliados e deulle voz a todo antifranquismo. 

Mantivo o vencello coa súa terra?

Vilalba era o seu principio e o seu final. Tiña unha relación de amor-odio. Fixo un axuste de contas coa vila e co seu pai nunha obra moi polémica.

E cal é vencello con Prisciliano?

Chao tiña dúas teimas, o altermundialismo, pola que cría que un mundo mellor era posible e o Pricilianismo. Pola influencia do seu irmán, Xosé Chao e o seu coñecemento da nosa historia, defendía que era Prisciliano quen en realidade estaba enterrado en Santiago.

Te puede interesar