CELSO GÁNDARA, Presidente do Foro pola Economía Social Galega

“Vigo lidera a creación de cooperativas en Galicia"

Celso Gándara.
photo_camera Celso Gándara.

Celso Gándara (Hannover, alemania, 1972) atopou a súa vocación na economía social cando lle tocou facer a mili e optou por facer obxeción de conciencia en Honduras, despois de rematar a carreira de administración e dirección de empresas. Alí participou nun proxecto de cooperativas nun barrio marxinal de san salvador e comezou a súa aventura empresarial neste mundo.

Este emprendedor, oriundo de sandiás (ourense), preside o Foro pola economía social Galega, un organismo que cumpre agora tres anos da súa creación e que representa as asociacións máis importantes de Galicia na área da economía social. Son case 5.000 entidades, cun volume de emprego estimado en 25.000 persoas e máis de 74.000 socios, comuneiros e mutualistas. a fusión de eficiencia empresarial e responsabilidade social é un dos valores da chamada economía social, que en 2020, no ano da pandemia, creou 126 empresas na comunidade autónoma, 27 en Vigo.

A provincia de Pontevedra por tercer ano consecutivo é a provincia onde se constituen máis cooperativas. A cidade de Vigo lidera a creación de cooperativas de Galicia por tercer ano consecutivo. No ano 2020 se crearon en Vigo o 27,55€ das cooperativas de Galicia.

Por que estamos ante un auxe da economía social en Galicia?

A economía social ten unha longa traxectoria, aínda que nestes anos aumentou significativamente a súa visibilización. O peso da economía social cífrase no 6,5% do PiB en Galicia. A nivel estado fálase dun 10% do PIB español.

Conclúe que na pandemia a economía social foi a que mellor resistiu. Por que?

En épocas de recesión normalmente repunta moito a constitución de cooperativas. Teñen máis resiliencia e non se producen despidos de maneira tan importante como noutras, porque hai unha parte da economía social na que a propiedade das empresas está nos traballadores. E coas empresas sen ánimo de lucro, que non teñen o obxectivo de beneficios, a última opción é o despido. Son os valores da economía social que amortiguan iso.

Xeran máis postos de traballo que outras empresas?

Non sei. Pero vélase máis por que esas empresas creen emprego. Cando crean emprego, mantéñeno máis e con mellor calidade. Iso si o podemos asegurar.

A pandemia é unha oportunidade de atopar nichos neste ámbito?

Si. O peso da economía social en sectores do mundo rural como a contribución dende o cooperativismo agroalimentario á fixación de poboación é importante. É algo innegable. O peso do cooperativismo agroalimentario é tan importante que alá onde hai una cooperativa en Galicia deste tipo, suele ser a empresa máis grande desa vila. A súa actividade ten un efecto tractor nesa comarca. O sector agroalimentario vai ter un percorrido importante e van aparecer servizos vinculados aos coidados das persoas. Tamén hai sectores que aproveitarán a economía circular. No ámbito da xestión dos residuos tamén temos iniciativas que poderán aproveitar esta oportunidade.

¿É Vigo unha cidade que aposta pola economía social?

Sen dúbida, en 2020, e por tercer ano consecutivo, Pontevedra foi a provincia onde se constituiron máis cooperativas e en esa cifra tan positiva par a economía social foi fundamental a cidade de Vigo.

¿De que cifra estamos a falar?

Nestes tres últimos anos, en Vigo se crearon 61 cooperativas. De estas, 27 se constituiron o ano pasado, o que en términos porcentuais con respecto ao resto de Galicia nos da que nesta cidade se puxeron en marcha o 27,55% das cooperativas de Galicia. É importante destacar os datos de 2020 porque foi en plena pandemia, cun montón de ertes e empresas 'ordinarias' que tivieron que botar o peche. Eso demóstranos que a economía social é unha opción económicamente viable e que afronta mellor os periodos de crisis.

¿Ahora mesmo en Vigo, cantas cooperativas hai e cantos socios forman parte delas?

A día de hoxe funcionan na cidade un total de 182 cooperativas, que están formadas por 1.964 socios cooperativistas.

Cal é a demanda do sector para seguir medrando?

Cremos que se teñen que favorecer sistemas de apoio ao emprendemento, como os coworkings. os concellos van xogar un papel importante para favorecer ese ecosistema. Animaría a que se habiliten espazos de coworking no ámbito da economía social e non me consta que en ourense exista algún. É certo que todo o que ten que ver coa innovación e coa internacionalización das cooperativas é algo que ten que ser apoiado.

O rural terá máis peso na economía social?

Os fondos de recuperación poden ir orientados por aí. a economía dos coidados na provincia de ourense pode ser un sector de gran importancia. Falamos de cooperativas de cohousing, vivendas unifamiliares, ou incluso aldeas que se poden dirixir a esa prestación de servizos residenciais. os modelos de residencias tradicionais en Galicia non van funcionar. Como o que se está facendo nas casas niño e nas casas do maior, por exemplo. neste senso, a economía social pode adquirir un peso.

Que balance fai dos tres anos do organismo que preside?

O balance é sumamente positivo, foi un salto que rompe con esta mentalidade ou etiqueta de minifundismo galego. A propia existencia do foro é un espazo de encontro de intereses comúns das empresas da economía social. Nalgúns concellos estanse dando pasos no fomento da economía social. O incremento da inversión da Xunta na economía social tamén se pode atribuir aos logros do foro.

Canto supón a facturación da economía social en Galicia?

Estamos falando de cerca de 3.500 millóns de euros ao ano.

Cal é a seguinte iniciativa do organismo?

En xullo imos realizar os “Cafés con aroma e economía social”. Imos xuntar ao “iBeX-35” da economía social galega. Cremos que hai que aproveitar a capacidade tractora destas 35 empresas para o desenvolvemento da economía social. Moitas veces somos consumidores de produtos da economía social sen sabelo. a economía social está en pleno auxe. 

Te puede interesar