economía

A igualdade laboral, no Día da Clase Obreira

Manifestación celebrada onte pola CIG en Vigo, que partiu de Gregorio Espino.
photo_camera Manifestación celebrada onte pola CIG en Vigo, que partiu de Gregorio Espino.

 O Día da Clase Obreira Galega reuniu onte a centos de persoas en  Galicia convocadas polos principais sindicatos para defender dereitos sociais e laborais e de igualdade  e as reivindicacións feministas tamén foron protagonistas.

Ferrol foi o punto central da celebración do 10 de Marzo recordando un ano máis a morte dos dous traballadores da antiga Bazán (Amador e Daniel) durante a loita de 1972. 
En Vigo tamén houbo marchas como a impulsada pola CIG e que contou coa presenza de membros do BNG como o candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas. Baixo o lema "Recuperar dereitos para avanzar", a central nacionalista pediu que se deroguen as reformas laborais e as políticas "porque cada día que pasa medra a precariedade e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega".
CC OO e a súa fundación concederon este ano os Premios 10 de Marzo a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas (con carácter póstumo) e Xan López Facal nun acto en Ferrol.n

Te puede interesar