tenis praia

Vitorias coruñesas na praia de Panxón

Os xogadores viviron unha xornada de deporte sobre o areal de Panxón, un entorno envidiable.
photo_camera Os xogadores viviron unha xornada de deporte sobre o areal de Panxón, un entorno envidiable.
 O areal de Panxón acolleu onte a primeira xornada do torneo de tenis praia Head, coa participación de máis dun centenar de xogadores e que continúa hoxe coa modalidade de dobres. Onte foi o momento do torneo masculino e do feminino, no que os triunfos foron para parellas da provincia da Coruña. En mulleres obtivo a vitoria o dúo formado por Isa Domínguez e Silvia Arroyo, que teñen a súa base na cidade de Ferrol. Superaron ás viguesas Seila Pérez e Olalla Maroto. En homes, a vitoria marchou para os coruñeses Jorge Martínez e Juan Pablo Amador, que superaron na final ós campións galegos da modalidade, Adrián García y Alejandro Pose. 
Precisamente, o espectáculo deportivo estivo acompañado dun gran contexto cunha condicións meteorolóxicas óptimas para a práctica do tenis praia ó que se engadiu que o evento tivo unha boa acollida entre os espectadores e paseantes que acudiron ata a localidade de Nigrán.
Hoxe péchase o certame coa sempre disputada categoría mixta, na que están anotadas un total de 20 parellas. Os partidos comezarán ás 10:00 horas e rematarán pola tarde.

Te puede interesar