rugby

Xoán Martínez: "O obxectivo é o ascenso en doce meses"

David Riveiro anotou un dos ensaios do partido de onte xogado nas Lagoas.
photo_camera David Riveiro anotou un dos ensaios do partido de onte xogado nas Lagoas.

O presidente do Kaleido Vigo expresou tras o descenso que "doe perder así" e recoñeceu que "o equipo non cumpriu o esperado"

Xoán Martínez, presidente do Kaleido Vigo, cumpre este mes o primeiro ano no cargo coa mala nova do descenso do equipo. "Moitas veces o rugby é cruel. Non é culpa do deporte en si, son as circunstancias. Non deberíamos chegar tanto a este extremo de xogarnos a eliminatoria nestes últimos minutos e foi unha verdadeira mágoa porque os rapaces merecían o máximo. Doe perder así", recoñeceu onte. 
O mandatario argumentou que "poderíamos esgrimir moitas cousas, pero faltounos ese pouco para non pasar apuros, para non chegar a este partido con tantos puntos en contra e para non vivir os últimos minutos tan axustados".
Sobre os vindeiros meses, expresou que "o futuro creo que é fantástico. Temos 300 xogadores, o que indica que o club crece cada ano. Volveremos a crecer o vindeiro ano e imos a coidar ós rapaces. Para o ano, o obxectivo é ascender, sen ningunha dúbida. A estratexia non cambia. Había unha liña a seguir, vaise a manter e iso levará a volver en doce menos a unha División de Honra B que é onde temos que estar".
No referente os trocos no equipo, Xoán Martínez explicou que "igual hai reforzos para o primeiro equipo. Temos moita fe no corpo técnico e tamén nos xogadores. Esperamos reforzalo". O mandatario comezará a falar nos vindeiros días cos xogadores e recoñeceu que "dentro do club, os momentos bos son moito máis numerosos que os malos, pero é certo que o equipo sénior non cumpriu co obxectivo esperado". O seguinte marcado é recuperar a categoría nun ano.n

Te puede interesar