ciclismo

Veloso recupera as bicicletas roubadas

O corredor vilagarciano xa ten as dúas bicicletas na casa.
photo_camera O corredor vilagarciano xa ten as dúas bicicletas na casa.
 Gustavo Veloso xa ten no seu poder as dúas bicicletas que lle roubaron hai uns días do galpón da súa casa en Vilagarcía. A colaboración cidadá e o traballo policial deron froitos e tanto a de estrada como a de montaña están de volta no lugar do que nunca deberon saír.
"Estou contento por ter as bicis xa de volta na casa. Son a miña ferramenta de traballo. Por sorte, todo quedou nunha anécdota", confirma o ciclista arousán.
As monturas de Veloso foron substraídas por dous rapaces que distaban moito de ser expertos. Unha das bicicletas xa fora vendida por un irrisorio prezo de 50 euros -o montante das dúas xuntas superaba os 10.000-. A policía localizou ó comprador, del pasaron a un dos ladróns para acabar por botarlle o lazo ó outro, que quedara coa outra montura. Pese a todo, Veloso non garda rancor ningunha. "Terán que pagar polo que fixeron ante a xustiza", limítase a comentar o vilagarciano, satisfeito polo case perfecto estado das dúas bicis. "Á de estrada apertáronlle de máis o parafuso do sillín e rompeu unha abrazadeira", comenta Veloso.
Disque ben está o que ben remata, así que, por sorte para o corredor galego, todo quedou nun susto. Toca retomar a tranquilidade, o que non é doado cando sabes que che entraron na casa. Iso si, coas bicicletas xa de volta. n

Te puede interesar