traiñeiras  liga galega

Tirán, líder en solitario

A traiñeira de Tirán Pereira toma unha baliza na regata de onte en Bueu.
photo_camera A traiñeira de Tirán Pereira toma unha baliza na regata de onte en Bueu.
A "Mar do Con" acadou a vitoria en Bueu e supera a Samertolameu na xeral da Liga Galega
Tivo que esperar cinco regatas Tirán Pereira para acceder ó liderado da Liga Galega. Acadouno onte en Bueu tras sumar a súa tercera vitoria, todas seguidas e, con elas, superar a Samertolameu, que comezou a tempada con maior fortaleza con dous triunfos. Non obstante, o man a man entre os dous barcos continúa e onte foi un novo capítulo. 
A loita chegou a Bueu, nun campo de regatas onde o vento ou a corrente poden ser decisivos, pero onte coa preamar case no seu esplendor optou por soprar una lixeira brisa con pouca incidencia. Suficiente para refrescar a espectadores e remeiros, pero sen gran incidencia nunha quenda de honra na que o sorteo enviou á "Mar do Con" de Tirán ó primeiro carreiro e "A Terca", de Samertolameu, ó cuarto e exterior. 
A loita entre as dúas traiñeiras volveu a ser dura, case agónica. Onte foron os remeiros de Meira os que puxeron a proa diante no primeiro longo, pero cunha marxe estreita sobre a embarcación veciña. No regreso cara terra, os pupilos de Benjamín Vázquez 'Benji' xa tiñan cinco segundos de renda. A cuestión era poder mantelos no terceiro longo e así o fixeron para, despois, no cuarto, ampliar un pouco máis a vantaxe. Cruzou a liña de chegada con ata 16 segundos sobre Samertolameu que, quizáis, pola rúa exterior sufría un pouco máis a corrente da marea en aumento, pero de forza feble porque xa chegaba ó máximo ó final da proba. 
Detrás, como xa é habitual, o resto de embarcacións dunha competición autonómica convertida nun man a man das tripulacións moañesas. Tirán onte superou a Samertolameu, pero a distancia é dun único punto. O seguinte episodio chega hoxe e no mesmo lugar porque, ante a cancelación da regata de Mera polas restrinccións debido o avance da Covid na comarca da Coruña, a Liga Galega decidiu disputar a regata na localidade de Bueu e así manter o calendario previsto. A proba será puntuable, pero sen premios en metálico.n

Te puede interesar