CRISTÓBAL DIOS. Gañador da proba masculina

"Tiña dúbidas, pero foi a mellor carreira a pé do ano"

Cristóbal Dios  nun momento da proba disputada onte.
photo_camera Cristóbal Dios nun momento da proba disputada onte.
JCristóbal Dios obtivo onte a súa cuarta vitoria no triatlón Desafío Santander Islas Cíes e amosouse feliz ó rematar porque "na natación perdín un pouco menos do esperado. Na bicicleta sabía que estaba forte e marquei ben o ritmo, nos meus watios e sen pasarme ó principio. Ó final fixen o mellor tempo neste treito, cunha media de 43 quilómetros á hora, que está moi ben". Sobre o treito final, explicou que "tiña dúbidas na carreira a pé porque estiven tres meses sen facelo e, dende que volvín, levo seis adestramentos, pero sorprendeume porque foi a mellor carreira do ano. Non sei o tempo que saquei ó segundo e creo que é algo anecdótico".
Aínda así, o estradense valorou que "cada ano imos un pouco mellor. Rebaixei o tempo e tamén estou contento por iso. É unha carreira que vaime ben, na que estou cómodo. No treito ciclista gustame moito o terreo chá. Esfórzome neses treitos e este é un bo lugar para isto". 
No seu bo rexistro influiu a boa temporada e Dios recoñeceu que "eu son de fresco. Este ano gañei dúas probas con calor, pero non me gusta. Prefiro un tempo como hoxe e tamén axudou. A verdade é que non esperaba estar nestes tempos. O meu adestrador si que creía que ía ir ben a pé, pero eu non daba un duro. E ó final tiña razón o técnico". 
Na evolución como deportista aclara que "este ano cambiei de adestrador. Fago menos horas pero son de máis calidade, con máis intensidade. O troco saiu ben. A isto engadiu que agora estou tamén cunha nutricionista. Non sei se estou con menos peso, pero a verdade é que noto o cambio para mellor. O meu corpo absorve mellor o que como". 
Cristóbal Dios aínda non rematou a tempada. "Irei a Huelva e, sobre todo, xógome a Copa de España en Ibiza, que vou primeiro, pero aínda me poden", aclara.n 

Te puede interesar