Atletismo

Teis vive un cross escolar con récord de atletas

Un dos esforzados corredores avanza a bo ritmo cara a liña de meta.
photo_camera Un dos esforzados corredores avanza a bo ritmo cara a liña de meta.
A cita de Frián superou os seus rexistros con case 400 participantes nunha mañá solleira

Día esperado, un dos máis esperados do ano para a familia do centro escolar Frián-Teis. E non é algo académico nin festivo. Aínda que ten parte de celebración porque o cross escolar é unha particular festividade deportiva, que onte bateu o seu récord de participación con case 400 corredores polos arredores do centro educativo vigués. 

A xornada comezou á carreira, seguiu con velocidade e rematou algo máis lenta, simplemente, porque todo concluíu con cerimonias de podio. A tradición dunha boa competición de atletismo, aínda que, en todo caso, a cita tiña un carácter claramente popular e o posto, especialmente entre os máis pequenos, era o menos importante.

 

 

Ó récord da proba contribuíron os alumnos e pais do centro escolar Frián, que superaron o seu teito de anotados, e tamén os deportistas procedentes doutros centros escolares, que tamén acudiron de forma masiva a unha cita que tivo o sol como acompañante. Correron moito os cativos e tamén os pais porque outra das características de 2023 foi que a organización tivo que facer ata catro carreiras de pais debido á alta demanda. O deporte tamén é unha cuestión familiar. 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, non fallou á cita para animar ós cativos e colocarlles a medalla conmemorativa, que foi para todos os participantes, independentemente da súa velocidade. Unha pequena recompensa ó esforzo.

 

A cita estivo marcada pola alta participación de cativos.
A cita estivo marcada pola alta participación de cativos.

Te puede interesar
Más en Deporte local