teresa herrera

Riveira e Ares levantan a Bandeira Teresa Herrera por diante de Mecos Coruxo e Meira

Samertolameu finalizou na segunda posición na Bandeira Teresa Herrera.
photo_camera Samertolameu finalizou na segunda posición na Bandeira Teresa Herrera.
A traiñeira de Riveira acadou onte unha clara vitoria sobre Mecos Coruxo na Bandeira Teresa Herrera. A tripulación do Barbanza non disputou esta tempada a Liga Galega, pero logrou formar unha tripulación de nivel para afrontar a Bandeira Teresa Herrera e a Bandeira da Concha.
Na cita de onte, o barco foi claramente superior ó grovense-vigués, especialmente nos longos de popa, nos que cimentou a súa vitoria tras un rego inicial da proba igualado. 
Deste xeito, Riveira acadou a vitoria cunha renda ampla sobre Mecos Coruxo, que tamén conta nas súas ringleiras con remeiras procedentes de Samertolameu. Cabo da Cruz asinou a terceira posición por diante de Salgado Perillo e de Tirán Pereira. 
Na categoría masculina, Ares non deu opción ós seus rivais e amosou a súa habitual superioridade. Na xornada de onte acadou a vitoria por diante de Samertolameu, que o sábado reservou forzas e a aposta serviulle para acadar a segunda praza con menos dun segundo de renda sobre Mecos. 
Tirán Pereira non tivo o seu día e caiu ata a quinta posición, pero o sábado cumpriu o obxectivo de meterse no 'play-off' de ascenso á Liga ACT. 
Cesantes, unha traiñeira da Liga Galega B, pechou a regata nunha Bandeira Teresa Herrera, que cerra o ano de remo en Galicia.

Te puede interesar