balonmán 

Pedro Rodríguez troca o Pic Szeged polo Balatonfuredi

Pedro Rodríguez.
photo_camera Pedro Rodríguez.

 O extremo vigués Pedro Rodríguez trocou esta semana de equipo na liga húngara e pasou do Pic Szeged, líder da categoría, ó Balatonfuredi, cuarto clasificado e que está inmerso na Copa EHF. 


Deste xeito, o extremo buscará ter máis minutos e un maior protagonismo nunha formación punteira do balonmán do país húngaro e poderá seguir en competición europea, polo que o seu novo destino ten moito interese deportivo.
Na competición doméstica, o Balatonfuredi marcha na cuarta posición tras dúas formacións históricas como o Szegeb e o Veszprem. Terceiro é o Tatabanya.n

Te puede interesar