balonmán

Pechadura botada e un toque de xenio para a vitoria

Descalzo e Patricia Lima tratan de defender un ataque do Aula Cultural.
photo_camera Descalzo e Patricia Lima tratan de defender un ataque do Aula Cultural.
O Guardés, con protagonismo das porteiras tras o descanso, superou ó Aula Cultural

No coñecido mundo do fútbol din que unha boa dianteira gaña os partidos e a defensa os campionatos. No do balonmán, a defensa segue dando os campionatos, pero neste caso é o porteiro o que permite gañar partidos e, moitas veces, títulos.
Onte nun pavillón da Sangriña baleiro, frío sen O Inferno para quecelo, a tarefa baixo os paus do equipo local foi dual para a vitoria. Tivo como protagonista principal á habitual secundaria do Guardés, unha Miriam Sempere que sacou un balón tras outro despois do descanso. Saltou a pista en estado efervescente para pasar dun 14-14 na metade do partido ata un 18-15. O primeiro tirón quedou aí porque o equipo do Baixo Miño tivo minutos de pobreza en ataque con perdas de balón, que aproveitou o Aula Cultural para volve a igular o enfrontamento (18-18). Nese punto, o panorama para as locais non parecía o axeitado. Igualdade no marcador e infeioridade na pista pero as cancerbeiras volveron a ser decisivas. Sempere volveu a enlazar paradas, incluida unha de seis metros nuns minutos nos que colaborou Carratú. Pisou dúas veces a pista nese segundo tempo e foi para sacar sendos lanzamentos de sete metros do equipo visitante. Nese inte, o marcador marcaba un 21-20 e, a continuación, un 22-20. Paradas chaves para decidir o encontro porque entre as dúas porteiras asinaron una eficacia do 50 por cento na segunda metade. 
E, neste contexto, faltaba un toque de xenialidade. Tivo algúns Paula Arcos, outros Lima pero o partido rachouse nunha acción sobre o pasivo no que Paulina Pérez Buforn meteu o pase entre dúas defensas par deixar soa nos seis metros a Descalzo. Exclusión, sete metros, gol e vitoria.

Atlético Guardés (14+12): 
África Sempere, Sandra Santiago, Lorena Pérez (2),  Estefanía Descalzo (3), Paulina Pérez (9), Patrícia Lima (6), Paula Arcos (4), Carla Gómez (2), Marisol Carratú (p.), Miriam Sempere (p), Erika Rajnohová y Daniela Moreno.
Aula Alimentos de Valladolid (14+8): 
Carmen Sanz, Elba Álvarez (3), Jimena Laguna (5), Claudia Álvarez, Ángela Nieto, Lulú Guerra, Cris Cifuentes (4), Lorena Téllez (4), Mireia Diez, Tere Álvarez (1), Sara Molés (), Yunis Camejo (), Elena Cuadrado (4), Rafaela Bergara y Amaia González de Garibay (1).
Parciais: 
1-2,3-5, 4-6, 8-9, 11-12, 14-14 (descanso), 16-14, 18-16, 21-19, 21-20, 24-20, 26-22. 
Árbitros: 
José Friera Cavada y Jesús Álvarez Menéndez (Asturias). Excluiron por parte das locais a Sandra Santiago, Descalzo, Lima, Arcos e Rajnohová e á visitante Cuadrado (2).

Te puede interesar