El Olivo, actual líder, visita coas baixas de Ceci e Natalia Sánchez ó Compostela (12:00), último clasificado e case descendido

Ante o pechacancelas

Alba e Carla González celebra un gol de El Olivo.
El Olivo disputa este mediodía un deses encontros no que a concentración propia é o maior inimigo que pode atoparse. O conxunto dirixido por Juan Carlos García 'Charlie' visita ó Compostela, pechacancelas de táboa e case descendido con tres puntos en quince enfrontamentos.

O propio Charlie indicou que 'pola clasificación do rival tería que ser un partido doado pero tamén parecía ante o Victoria e así chegou a derrota. Espero saír a facer o noso traballo e resolver o encontro con relativa comodidade como ante o Erizana'. O adestrador de El Olivo engadiu que 'teñen unha extremo perigosa e tamén unha xogadora no centro do campo con calidade, pero cando están tan abaixo e só cun partido gañado é por algo. A súa defensa é moi frouxa'.

Polo tanto, o encontro debería resultar cómodo para as viguesas, que comandan a clasificación da Segunda División feminina cunha vantaxe de cinco puntos sobre o Friol. En total, El Olivo acumula catorce vitorias en quince encontros, xusto as cifras opostas ó seu rival de hoxe.

No capítulo de lesións, Charlie non poderá contar con Ceci e Natalia Sánchez e, con moita probabilidade, tratará de dar minutos a xogadoras que saen de lesións como Clo ou Cris.

Aínda que isto só chegará se as viguesas resolven con celeridade o encontro porque, a pesar das súas propias impresións e do que diga a táboa, Charlie tamén advirte de que 'no seu campo soen facerse fortes'. En todo caso, os plans do Compostela pasarán por un plantexamento claramente defensivo.n

Te puede interesar